A Aula daRede CeMIT, acollerá un novo curso de alfabetización dixital impartido polo Concello de Burela. Será o vindeiro día 22 de xuño. Con esta actividade os asistentes darán os seus primeiros pasos na Informática creando cartafoles e documentos, eliminando ficheiros ou movendo documentos dunha carpeta a outra. O curso impartirase en horario de 11:00 a 12:30 horas e finalizará o día 3 de xullo. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web , ou enviar un correo electrónico.
Un novo curso de informática comezará esta semana no Concello de Burela
Un novo curso de informática comezará esta semana no Concello de Burela
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura