“A RAPADOIRA”: HAI 50 ANOS
O mes de abril de 1962 comeza a publicarse a revista “A Rapadoira”, iniciativa sen precedente na historia local. Aínda lembramos a emoción vivida por aquel feixe de rapaces que nos embarcábamos na aventura, cando chegaron ás nosas mans os exemplares que cheiraban á tinta da imprenta.“Al servicio de un Foz mejor” era o súbtítulo da mesma, en tempos nos que a nosa sociedade vivía un ambiente mais distendido e solidario, e de esperanza no futuro, pois comezaban a superarse as fames da guerra (1936), o que mesmo levou a que a rapazada, eufórica, acuñara o eslogan de “Foz, capital de Europa” Abría este número a carta de Pancho Martínez, entón presidente da S. C.Peña da Rapadoira, no seo da que se editaba a revista “sin mais pretensións, decía, que colaborar ó rexurdimento turístico e cultural de Foz”. A publicación contaba cun plantel de colaboradores mais ou menos habituais: Pepe Beltrán, Luis Cordeiro, Olimpia Pérez, Alfonso Toimil e os focegos da diáspora Manolo Lugilde, Eliseo Oroza, Pepe e Lalo Veiga Pita, con temas variados; e espacios fixos: “Deportes”, Mario López Couto, Pedro del Riego, Jaime Beltrán; “Noticiero,” Jhonny; “Anecdotario”, Minguín ; “Poetas Galegos” e “del Foz de ayer”, o director; “Leer para saber” , “Humor y pasatiempos” e “La entrevista del mes”, varios; firmas invitadas: Paco Jaureguizar; Chao Espina, catedrático e Académico; Rufina Solveira, poeta focega; os prestixiosos xornalistas Jorge Víctor Sueiro e Daniel Hortas e o mismísimo Alvaro Cunqueiro ;“Panorama Industrial Focense”: César Rodiguez, “Charín” … e diversos colaboradores espontáneos con artigos, contos, poemas, etc. Dirixía este cronista.
O derradeiro Nº saíu en marzo do 63, cun tema polémico: o sí ou o non á Celulosa que aspiraban a instalar en terreos hoxe do parque empresarial. Unha decena de persoas responden a preguntas dunha enquisa en A Rapadoira. Aquela, é evidente, non se instalou. Hai 50 anos do episodio. A revista rematara xa a súa vida e nada semellante volveu a facerse. Foi unha fermosa e saudable experiencia, que queda aí para a historia.
Suso Fernández



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



