A CORPORACIÓN DE XEITO UNÁNIME ACORDOU AMOSARLLE O SEU APOIO AO COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA.
Ribadeo, 6 de xullo de 2012. A Corporación de Ribadeo de xeito unánime acordou amosarlle o seu apoio ao comité de empresa de Alcoa, así como apoiar as súas reivindicacións para que esta planta siga a ser un dos motores económicos máis importantes da comarca.
O peche de Alcoa tería unhas repercusións moi negativas para toda A Mariña. O comité de empresa de Alcoa ten convocado unha manifestación para as 20 horas de hoxe en Viveiro na defensa de Alcoa, empresa na que traballan moitos veciños de Ribadeo.