RAQUEL ARIAS INSTA AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO A QUE “AXILICE A SÚA RESPOSTA” AO CONVENIO COA XUNTA PARA QUE OS DESEMPREGADOS E MAIORES LUCENSES POIDAN DISPOÑER DUNHA DOTACIÓN ECONÓMICA QUE XA TEÑEN NO RESTO DE PROVINCIAS GALEGAS
Dende hai tres semanas, o ente provincial lucense dispón da proposta, realizada nos mesmos termos e condicións que o que xa subscribiron as outras tres deputacións galegas, polo que a delegada territorial insta ao presidente provincial a que aclare “se vai aceptar os 1,2 millóns de euros que lle ofrece a Xunta para políticas de emprego”
Arias insiste en que “a deixadez” de Besteiro lévao “non só a non cumprir a Lei en materia de servizos sociais, senón tamén a retrasar a súa resposta ao ofrecemento de convenio de colaboración que suporía importantes investimentos para Lugo”
Lugo, 26 de xullo de 2012.- A delegada territorial, Raquel Arias, demandou do presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, “axilidade na súa resposta” ao convenio coa Xunta, para que así os desempregados e maiores lucenses poidan contar dunha dotación económica da que no resto das provincias da comunidade xa dispoñen, logo de que os respectivos entes provinciais asinasen os convenios correspondentes co Executivo galego.
Arias lamentou “a demora” da resposta por parte do goberno da Deputación de Lugo en comparación co resto de organismos provinciais de Galicia, o que está supoñendo que se “estean freando axudas inmediatas” para a contratación de persoas desempregadas da provincia de Lugo e para a prestación de servizos sociais nos concellos lucenses.
Por iso, Arias instou a Gómez Besteiro a “axilizar a súa resposta” e pronunciarse sobre “se vai aceptar os 1,2 millóns de euros que lle ofrece a Xunta para políticas de emprego” a través dun convenio de colaboración que lle foi remitido hai arredor de tres semanas, e ao que aínda non respondeu. Outro tanto pode dicirse dos convenios propostos en materia de emerxencias e urbanismo, “aos que igualmente deu a calada por resposta”, apuntou.
A delegada considera “especialmente prexudicial” este retraso na resposta a un convenio en materia de servizos sociais e emprego, “dúas materias prioritarias nas que se podería actuar de xeito inmediato tan pronto como se formalizara o acordo”, acordo que ten sido ratificado xa polas outras tres deputacións. .
Este convenio, explica, recolle que a Consellería de Traballo e Benestar financiará á Deputación de Lugo con 1.200.000 euros para a contratación de persoas desempregadas para a realización de actividades ou proxectos de interese xeral e social, que desenvolverán a súa actividade en concellos da provincia de Lugo.
O acordo, redactado nos mesmos termos e condicións que os que xa subscribiron os entes provinciais de Pontevedra, A Coruña e Ourense, establece tamén as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo para garantir a prestación integral e axeitada dos servizos sociais comunitarios municipais; ao respecto, o convenio remite, como no podía ser doutro xeito, á distribución competencial establecida na Lei de Servizos Sociais de 2008.
A delegada territorial sinala que “a deixadez” de Gómez Besteiro lévao “non só a incumprir a lei en materia de servizos sociais, senón tamén a frear un convenio de colaboración que suporía importantes investimentos para Lugo”.
Os convenios de colaboración coa Xunta, que xa asinaron e aplican os outros organismos provinciais, emanan do Protocolo Xeral asinado o pasado 20 de xuño por todas as partes, incluído Gómez Besteiro.
Ademais do xa citado sobre servizos sociais e políticas de emprego, proponse outro documento que implanta un proxecto piloto de funcionamento dos grupos locais de atención a emerxencias e o medio ambiente, que implica tamén aos alcaldes.
Por último, o terceiro convenio instaura o proxecto piloto de asistencia medioambiental e urbanística nos concellos mediante a prestación de servizos por arquitectos, e nel participan a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, as Deputacións, os alcaldes e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Raquel Arias lamentou que a provincia de Lugo quede, á marxe, polo momento, destes acordos e apremiou ao presidente da Deputación a reconsiderar a súa postura, “que está a imposibilitar unha actuación coordinada en beneficio de todos os concellos da provincia”. Os acordos, apuntou, “buscan actuar sobre o territorio de forma sincronizada e sen duplicidades, avanzando cara a premisa de unha administración, unha competencia, un servizo”.
Nesta liña, a delegada instou a Gómez Besteiro a “que se preocupe menos da súa promoción persoal e comece a preocuparse das necesidades reais dos veciños e veciñas da provincia”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



