A DEPUTACIÓN DE LUGO APROBA AS SUBVENCIÓNS DE 630.000 EUROS PARA CLUBS DEPORTIVOS
Este investimento permite conceder axudas aos 67 concellos da provincia e a 602 clubs e asociacións deportivas en 2012
Antonio Veiga expuxo que “houbo un aumento moi grande de solicitudes debido á falta de apoio da Xunta de Galiza ao deporte de base”
![]()
“A Deputación de Lugo é das que máis inviste en deporte no Estado español” sinalou Veiga
Lugo, 20 de xullo de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, informou, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno celebrada hoxe, da aprobación das subvencións de deporte en concorrencia competitiva por valor de 630.000 euros destinadas aos concellos e a asociacións para a promoción e organización de actividades deportivas, tanto competitivas como non competitivas, así como para a mellora de instalacións e equipamentos e material deportivo no caso dos concellos.
Nesta convocatoria destaca o incremento do número de solicitudes recibidas tanto desde os concellos como desde os clubs deportivos con respecto a 2011. Veiga explicou que “desde as administracións locais recibíronse 113 solicitudes fronte as 113 presentadas o ano pasado, pero a pesar de dito incremento os 67 concellos da provincia recibirán esta axuda, ben sexa con carácter anual ou para a realización dalgún evento concreto. En total percibirán subvencións valoradas en 130.000 euros coas que poderán facer fronte aos gastos correntes e á adquisición e mellora dos equipamentos que require a práctica deportiva. Este aumento de solicitudes, pero moito máis significativo, tamén se rexistrou desde os clubs deportivos, que pasaron de solicitar 520 axudas en 2011 a 602 en 2012, entre os que se repartiron 500.000 euros este ano, exactamente a mesma cantidade que o ano pasado xa que mantivemos o noso apoio ao deporte de base lucense.”
Desde a Vicepresidencia da Deputación fanse dúas lecturas destas cifras. Segundo Antonio Veiga “é consecuencia do retraso por parte da Xunta de Galiza á hora de convocar estas axudas e ao feito de que se saltaron unha convocatori e demostra que os clubs lucenses teñen confianza no apoio que reciben da Área de Deporte da Deputación, xa que todas as solicitudes que se presentan se axustan ás bases da convocatoria son atendidas. Mantemos unha política de apoio ao deporte de base lucense que choca frontalmente coa política da Xunta de Galiza, quen pon enriba da mesa unhas cantidades exiguas e realiza manobras como saltarse unha convocatoria vía decreto”.
“Non é casual –insistiu Veiga- que a Vicepresidencia da Deputación invista máis que o executivo autonómico no deporte de base. Entendemos que o deporte de base é un dos piares do benestar dunha sociedade e por iso tratamos de poñer os cimentos desde abaixo, apoiando a todos os clubs e asociacións deportivas que promoven a actividade física e deportiva nas comarcas lucenses”.
Antonio Veiga destacou que “segundo un informe anual que elabora a revista “Deportistas” (á que se pode acceder online seguindo esta ligazón http://www.munideporte.com/imagenes/revistas/ficheros/03969E9A.pdf ) a Deputación de Lugo é, exceptuando os cabildos insulares e as deputacións forais, que teñen outro réxime orzamentario diferente, a Deputación do Estado que máis inviste en deporte por habitante, datos que corroboran o que vimos de afirmar no que respecta ao apoio ao deporte lucense”.
Estas subvencións outórganse en base a criterios obxectivos e nunha mesa de valoración formada un membro de cada unha das tres forzas políticas con representación na Deputación de Lugo e por funcionarios.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
