A Deputación aforra ós Concellos 1,1 millóns de euros, asumindo o servizo de Internet nos Consistorios con fondos europeos
– A institución dotará de 100 megas ás Casas Consistoriais dos 49 municipios adheridos ó Innova-TE, mantendo dous anos máis e mellorando esta prestación “que debería achegar o Executivo galego”
– A Xunta de Goberno reclama ó Alcalde de Castro de Rei que devolva 500.000 euros que lle adiantara a Deputación para executar obras que non fixo, incumprindo un convenio que el mesmo asinou
– Martínez adianta que “por iniciativa propia, non porque estemos obrigados senón en solidariedade cos traballadores públicos, o Goberno Provincial tampouco cobrará a paga extra do Nadal”
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a contratación do servizo de banda longa nos 49 Consistorios dos municipios que, de xeito voluntario, se sumaron ó Innova-TE. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, subliñou que “estamos aforrar a estes Concellos un total de 1.130.000 euros, ó asumir esta prestación durante 2 anos máis grazas ós fondos comunitarios que soubemos captar”. Hai que ter en conta que a Unión Europea cofinancia dito proxecto tecnolóxico nun 70%, achegando 800.000 euros a esta adxudicación, mentres a institución provincial inviste a parte restante. “Pero o aforro aínda é maior”, engadiu Martínez, “porque, apostando polo acordos marcos, ó contratar nun só prego esta prestación en case medio cento de municipios, reducimos o seu custe nun 40%, segundo as valoración realizadas polos técnicos”.
Con esta actuación, a Deputación mellorará a conexión a Internet nas 49 Casas Consistoriais, acadando unha velocidade de 100 megas, con dependencia das condicións orográficas da zona. “É dicir, se coa primeira parte do Innova-TE levamos, tamén a custe cero para os municipios, unha banda longa de 2 megas ós seus Consistorios, coa segunda fase do proxecto tecnolóxico, non só aforramos máis cartos ás entidades locais ó manter esta prestación, que debería conceder a Xunta como administración galega con plenas competencias nesta materia, senón que, ademais, multiplicamos por 50 a súa calidade”, apuntou o voceiro.
Os Concellos beneficiados son: A Fonsagrada, A Pastoriza, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Abadín, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, Foz, Friol, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, O Incio, O Páramo, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas do Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela e Viveiro.
Máis trámites por Internet
A sesión tamén acordou a contratación dunha aplicación tecnolóxica, que permitirá incrementar a capacidade do CPD. Trátase do coñecido como o corazón tecnolóxico da provincia, ó ser o sistema que almacena toda a información da Deputación e dos 49 Concellos do Innova-TE para poder realizar procedementos administrativos dende a Rede. Esta aplicación suporá que o CPD pase dos 48 terabytes a 74 terabytes, uns 74 millóns de megas con capacidade para 500 millóns de documentos. Martínez adiantou que “isto permitiranos aumentar o número de trámites administrativos que os cidadáns poderán facer dende Internet e que incrementaremos, primando as súas necesidades”. Na actualidade, este son 143: 55 na Deputación e 88 nos Concellos. Por exemplo, inserción de anuncios no BOP; solicitar certificados de empadroamento ou subvencións; inscribirse en accións formativas; darse de alto no suministro de auga ou sumidoiros. O CPD tamén almacena toda información dos portais web da Deputación e dos Concellos lugueses ou da plataforma do comercio electrónico www.losproductosdelugo.com.
Devolución de máis e 500.000 euros
A Xunta de Goberno acordou reclamar ó Concello de Castro de Rei a devolución de 500.000 euros que a institución provincial adiantou a este municipio para a execución de obras que o actual Rexedor non realizou, así como 12.500 euros en concepto de xuros. Este investimento non sairá do municipio chairego xa que, tal e como remarcou Martínez, “sumaranse ós 12 millóns de euros que achegamos á construción do 1º Centro público en España de Recría de gando vacún nas instalacións da Granxa Gayoso Castro para que os veciños de Castro de Rei non sexan vítimas da mala xestión do seu Alcalde”. Neste senso, lembrou que Balado non fixo as actuacións que contempla o convenio asinado xa en decembro de 2011 e que pediu unha segunda pórroga para executalas fóra do prazo legal. Por este motivo, “malia as advertencias realizadas ó respecto pola Deputación, o Rexedor ten que devolver estes cartos tal e como recolle o convenio el mesmo asinou. É dicir, Balado era coñecedor das claúsulas legais desta iniciativa e aínda así, cos cartos no peto, non foi quen de facer as obras”, sentenciou.
“En solidariedade cos traballadores”
Manuel Martínez tamén adiantou que “por iniciativa propia, non porque estemos obrigados senón en solidariedade cos traballadores públicos desta administración, o Goberno Provincial tampouco cobrará a paga extra do Nadal”. O voceiro remarcou que “non estamos de acordo co Real Decreto Lei 20/2012 do 13 de xullo que impuxo o Goberno Central de Rajoy porque perxudica gravemente ós traballadores, pensionistas e desempregados, ós que o PP culpa da crise mentres premia ós defraudores cunha Amnistía Fiscal e non pide nin un mínimo esforzo ás grandes fortunas. Pero estamos obrigados a acatalo, polo que os funcionarios da Deputación deixarán de percibir este Nadal un total de 771.404 euros, que supoñían as pagas extras, e que nós, por solidariedade con eles, tampouco recibiremos”.
O voceiro provincial socialista destacou que “o Partido Popular só sabe cargar contra a clase traballadora mentres fai demagoxia cos soldos dos políticos, como os dos Concelleiros nos que, na súa maioría, nin sequera cobran”. En contraposición, apuntou Martínez, “este Goberno Provincial, sempre por iniciativa propia, non por obrigación, e amosando que sabemos estar á altura das circunstancias, reducimos xa hai máis de 1 ano os nosos soldos nun 25%. Por exemplo, Gómez Besteiro, que mantén a súa retribución conxelada por decisión política, é hoxe o Presidente que menos cobra de todas as Deputacións de Galicia logo de recudir o seu soldo en case un 7%. Ademais, tamén recudimos os custes do persoal de libre designación nun 20%, con respecto a 2007. Pola contra, o Partido Popular de Lugo foi a único grupo político nesta Deputación que non quixo baixar o número de dedicacións exclusivas que recibe con respecto ó anterior mandato provincial”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



