A Deputación corrixe as deficiencias da traída de auga dos 100 veciños de Galegos, en Riotorto, aforrando cartos ó Concello
– O organismo lugués mellorou a Ponte do Garrido sobre o río Ferreiravella e o acceso ó núcleo de Avilleira, en Santalla, dúas infraestruturas viais que se atopaban practicamente intransitables
– O Presidente, que deu o pregón das festas de San Cristovo, destacou que estas obras, “non por pequenas, menos importantes, contribúen a algo tan urxente hoxe na provincia como é fixar poboación nas nosas aldeas”
A Deputación de Lugo acometeu a mellora da rede de abastecemento de auga da parroquia riotortense de Galegos dotándoa dunha nova captación e canalización, co que quedaron corrixidas as deficiencias que presentaba o servizo. Esta actuación do organismo provincial, que levou a cabo con fondos propios, mellora a calidade do subministro de auga corrente dos entre 80 e 100 veciños que residen neste núcleo riotortense e das explotacións gandeiras existentes na zona, ademais de aforrar cartos ó Concello, ó non ter que asumir con recursos propios o proxecto. As deficiencias da traída de Galegos eran as únicas que quedaban pendentes de eliminar na rede de abastecemento municipal, polo que agora Riotorto dispón dun servizo en condicións axeitadas e eficiente.
O organismo provincial tamén mellorou a Ponte do Garrido sobre o río Ferreiravella e o acceso ó núcleo de Avilleira, en Santalla, dúas infraestruturas viais que se atopaban practicamente intransitables. A ponte do Garrido comunica a capitalidade riotortense -As Rodrigas- con Cabana e Lamarcide, dous barrios pertencentes á Pontenova que manteñen unha intensa relación social co núcleo urbano de Riotorto. O viaducto, que foi reforzado, atopábase dende hai uns seis anos moi deteriorado polo paso do tempo e polas inclemencias meteorolóxicas. En canto ó acceso a Avilleira, a estrada dá servizo ós ó redor de 25 veciños deste barrio. As obras consistiron no asfaltado da calzada, que se atopaba moi danada e con fochancas, o que dificultaba o paso dos turismos e facía practicamente imposible o acceso de vehículos de servizos, como unha ambulancia. O orzamento global das tres actuacións foi de uns 30.000 euros.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que exerceu este sábado de pregoeiro das festas riotortotenses de San Cristovo, na honra dos choferes, destacou que as obras recén acometidas no municipio “son un exemplo de como a colaboración entre administracións fai posible pequenas obras, pero non por iso menos importantes, pois teñen unha profunda relevancia social e contribúen a algo tan urxente hoxe na provincia como é dinamizalo rural, facer máis vivas e acolledoras as nosas aldeas, para fixar poboación”.
“Honra ó único Santo xigante”
No pregón de San Cristovo, Gómez Besteiro resaltou a “historia e arraigo” desta celebración en Riotorto, “un concello de pequena extensión, pero de grandes seres humanos, e que destaca na nosa provincia e en toda Galicia por conservar o antigo e artesanal oficio de ferreiro, todo un sinal de identidade destas terras. Este pequeno gran Concello honra hoxe ó único Santo xigante, de 5 metros de altura, como conta a tradición”.
O Presidente recoñeceu o labor dos promotores do festexo en 1963, “o párroco Vicente Rodríguez, xunto con Modesto García, Rosendo Acebrás, Leonardo Aenlle, Venancio Castro e Alejandro Gavín, que lograron un éxito e aceptación extraordinarios, á vista da multitudinaria participación de todos os veciños propietarios de motos, camións e coches, destacando entre estes a chegada ao mercado por eses anos daquel mítico modelo chamado Seat-600”. Besteiro quixo tamén agradecer á actual comisión de festas, “formada por Gerardo Castro, José Acebrás, Iván Aenlle e José García Bouso, todos eles fillos dos alma mater deste festexo nos anos 60, que perpetúen a ilusión e o ímpeto inicial dos seus pais”.























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



