ECONOMÍA E INDUSTRIA ACHEGARÁ OS APOIOS DA XUNTA PARA NOVOS INVESTIMENTOS E MELLORA COMPETITIVA NO ENCONTRO INTERNACIONAL COOPERATIVO
O Igape informará sobre os programas como o re-Emprende, re-Imaxina e re-Acciona, activados en datas recentes para facilitar a atracción de novos investimentos e a implantación de servizos avanzados para mellorar a competitividade empresarial
Este encontro celebrase tamén co obxectivo de xerar máis e mellores empregos, mediante o asesoramento dos axentes vinculados á promoción do cooperativismo
Santiago, 4 de xullo de 2012.- A Consellería de Economía e Industria achegará información sobre as diferentes axudas e servizos habilitados coa fin de apoiar os novos investimentos ou as iniciativas para facilitar a mellora da competitividade ou a internacionalización das empresas aos asistentes ao Encontro Internacional Cooperativo que se desenvolve, a partir de mañá, 5 de xullo, no Palacio de Congresos de Santiago.
A través dun espazo habilitado para o Instituto Galego de Promoción Económica, a Consellería de Economía e Industria achegará información detallada sobre os diferentes servizos e axudas a disposición dos promotores de actividades empresariais, incluídas as cooperativas, en Galicia. Este encontro celebrase tamén co obxectivo de xerar máis e mellores empregos, mediante a realización de accións de asesoramento, formación e información dos diferentes axentes vinculados á promoción do cooperativismo e da economía social.
En concreto, responsables do Igape facilitarán durante o desenvolvemento deste evento internacional información sobre as liñas de apoio que están abertas na actualidade á presentación de solicitudes, como por exemplo a liña de apoio a grandes investimentos; o programa re-Emprende, para apoiar novos investimentos de novas pemes ou emprendedores, e o re-Imaxina, para apoiar investimentos de microempresas, novas pemes ou empresas que desexan mellorar a súa competitividade.
O Igape achegará igualmente información sobre o novo programa re-Acciona, que está impulsando para facilitar a prestación de servizos avanzados orientados a facilitar a mellora da competitividade das pemes; e sobre os servizos e apoios existentes para facilitar a internacionalización das empresas galegas.
O encontro organizado pola Consellería de Traballo desenvolverase, o 5 e 6 de xullo, baixo o lema “As cooperativas axudan a construír un mundo mellor”. Enmarcase nas actividades divulgativas e formativas do proxecto europeo COOPERA+, cofinanciado polo Programa De Cooperación Territorial España – Portugal 2007 -2013, que articula medidas que contribúan ao fomento e consolidación das cooperativas na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



