AS DELEGACIÓNS DE XUVENTUDE E COMERCIO ORGANIZAN UN OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL. SERÁ O 17 DE XULLO NA CASA DA XUVENTUDE A PARTIRES DAS 11 DA MAÑÁ.
Burela, 11 de xullo de 2012. As Concellerías de Xuventude e Comercio organizan un obradoiro de orientación laboral dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos con inquietudes na posta en marcha dalgún negocio.
O obradoiro denominado Emprégate Burela celebraráse o vindeiro 17 de xullo a partires das 11 da mañá na Casa da Xuventude. A duración será de dúas horas e media e abordaránse cuestións coma técnicas de búsqueda de emprego, curriculum vitae, entrevistas de traballo, etc. Os encargados de impartir esta xornada son técnicos da Xunta de Galicia.
Desde as Delegacións de Comercio e Xuventude explican que “o que intentamos nestes momentos de crise é informar aos rapaces e rapazas que poidan ter algunha inquietude en abrir algún negocio en Burela dalgúns conceptos e cuestións básicas que deben ter presentes. Neste caso contamos coa colaboración da Xunta para organizar esta actividade”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



