5 MEDALLAS ACADARON OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO NO CAMPIONATO GALEGO DE 5000 METROS EN RUTA
O pasado domingo celebrouse na localidade de Vilagarcía de Arousa o Campionato Galego de 5000 metros en ruta, organizado pola Federación Galega de Atletismo, cunha masiva participación de atletas de tódolos clubes galegos.
O clube vivariense estivo representado por 12 dos seus atletas onde 5 deles acadaron medallas. No apartado masculino na categoría de M-70 o gañador foi Antonio Cabana que batiu o record galego de 5 km en ruta deixándoo en 22 min e 10 segundos , o seu compañeiro Antonio Hernández tamén batiu o record en M-65 cun tempo de 21 minutos e 28 segundos, en M-55 Luís Miguel García subíu ó podium na terceira posición, na categoría M-35 o seu compañeiro Jose Angel López tamén acadou a medalla de bronce. No apartado femenino na categoría W-55 a atleta Begoña de Arriba foi medalla de prata.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
