O III CURSO DE MÚSICA INTERDISCIPLINAR QUE ORGANIZA A ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA DESENVOLVERÁSE DO 9 AO 13 DE XULLO. A CITA FOI PRESENTADA ESTA MAÑÁ NO CONCELLO.
Burela, 3 de xullo de 2012. Burela acollerá do 9 ao 13 de xullo o III Curso de Música Interdisciplinar, que foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello.
No curso poden participar tanto os estudantes que xa teñan contacto coa música a nivel elemental como alumnos máis avanzados de distintas especialidades. Segundo explicou o director da Escola de Música, Xan Carballal, “vánse traballar aspectos como análise musical, música de cámara e técnica vogal. E tamén se impartirán clases individuais dos diferentes instrumentos, segundo as necesidades e o nivel de cada alumno, así como colectivas e talleres activos, nos que poder traballar aspectos como as técnicas de respiración”. Ao remate do curso haberá dous concertos, un o xoves 12 de xullo e outro o venres 13 de xullo ás 20:30 horas “para pechar o curso disfrutando co traballo e cos conceptos aprendidos ao longo do mesmo”.
A concelleira de Cultura, Mónica Pedre, sinalou que “desde o Concello apoiamos as iniciativas que saen da Escola de Música. Para nós a Escola é un obxectivo fundamental dentro da nosa actuación política, de feito no último ano aprobamos o novo regulamento do centro e incrementamos o número de profesores”. E engadiu que “ a nosa intención é seguir potenciando a educación musical en Burela”.
Os profesores que impartirán o curso son: María Ferrer, licenciada en frauta no Conservatorio Superior de Música da Coruña; Carlos Timiraos, licenciado en clarinete no Conservatorio Superior de Música de Oviedo; e Ana Garrote, licenciada en óboe en Musikene, onde recibiu clases de Juan Manuel Lumbreras, Salvador Mir e Pascal Laffont, entre outros.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



