CABALGATA DE REIS, 1959
Foi a primeira que se celebrou en Foz. Pouco había que Pepe Beltrán accedera á alcaldía e xestionou co concello de Ribadeo (que rexía Pancho Maseda, todo un persoeiro) para que, unha vez cumprido co cometido na vila veciña, as SS.MM. se desprazaran a Foz a levar a focegos/gas, de xeito especial ós rapaciños/as, as ledicias da Noite de Ilusión que o era especialmente, pois nunca antes tiveran a ocasión de velos tan de preto; en Foz non tiñamos os medios oportunos: eran tempos miserentos! É fácil percatarse do éxito da novidade: cómo a grande maioría da poboación (a metade da de hoxe) saíu á rúa; como o parque automobilístico (pouco mais de media ducia de unidades) facían soar as bucinas que ameazaba un enxordecedor estarabouzo que, no fondo, soaba a música celestial…O desfile iniciárase no vello garaxe de Transportes Galaicos onde dende primeiras horas da tarde agardaban os cabalos de Culata, O Fero de Mañente e Antón María de Simón que se estreaban como cabalgaduras de tan egrexios xinetes. O percorrido rematara no bar Náutico, onde hoxe se atopa a cafetería do Centro Social, no porto, na compaña de elenco musical de tanta calidade como a nomeada Rondalla O Pallarego, na que formaba, tocando o violín, o focego Chicho de Botes, á sazón empregado na sucursal mindoniense do Banco da Coruña, da que era alma o seu mestre e promotor, o barbeiro-músico ou músico-barbeiro Manuel Ledo Bermudez que na vella cidade rexentaba a súa oficina (oficina: lugar onde se exerce o oficio), ágora na que a cotío se xuntaban escritores, poetas, historiadores, músicos: Alvaro Cunqueiro, Lence Santar, Noriega Varela, Leiras Pulpeiro, Trapero Pardo, Manolo Araújo, etc. Guitarras, laúdes, bandurrias e violíns inundaron as rúas con ledas e románticas melodías que soaron na que foi a mais ilusionante Noite de Reis da historia local e que deixaron na mente e no corazón de nenos e nenas a pegada do que foi preámbulo a un doce soñar, que precedía á fantástica entrada trunfal no ilusorio mundo do Paraíso… Eran as vivencias da primeira Cabalgata de Reis vivida polo pobo de Foz.
Suso Fernández


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



