CHRISTIAN, SEGUNDA RENOVACIÓN DO BURELA FS
O ala Christian Palmeiro Chao convértese na segunda renovación para o debut do Burela FS Pescados Rubén na elite de fútbol sala, tras a formalización da continuidade de Iago Barro. Onte pola mañá, o director xeral do club, José Luis Sáez Castro, recibiu o viveirense na sede da entidade laranxa para rubricar o acordo da vindeira tempada.
Aos seus 25 anos, Christian saltará á Primeira División na súa cuarta tempada defendendo as cores laranxas “moi contento e motivado polo reto da categoría”. “Estou moi agradecido un ano máis pola confianza depositada en min tanto dende a directiva coma dende o corpo técnico; espero aproveitalo” explicou o mariñán. Segundo o xogador, o “merecido ascenso· tamén terá a súa xusta resposta tanto no traballo e ilusión do equipo coma no apoio da afección: “Vista Alegre será o noso principal baluarte; vivirá un ambiente incrible. Non coñecemos a categoría, pero con traballo conseguiremos adaptarnos. Ter enfronte a rivais do prestixio de ElPozo, Barcelona ou Inter é a mellor motivación e sabemos que a nosa afección estará aí, aínda máis implicada se cabe, para darnos forza” asegurou o ala burelista.
José Luis Sáez, dende a dirección do club, destacou “a constancia e compromiso de Christian, un xogador moi novo que demostrou unha entrega absoluta dende a súa chegada e poderá contribuir coa súa pegada na nova etapa do Burela FS”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
