DISFRAZADOS E RECESION A TODA MAQUINA
Por aquí, semana tras semana os oriúndos desta franxa mariña do Cantábrico mais preto disfrázanse de castrexos, renacentistas, medievais, viquingos, maruxainos… e o que falla falta para atraer turistas a o rego ou para esquecer a miserable realidade que esta a cae encol do noso lombo.
Con España intervida e cun Goberno sen marxe de manobra, as rúas, esta vez en Burela volveron escenificar a contestación social que irá a máis e, á volta do verán, promete un pulso ao que, todo sexa dito, chegamos escasamente equipados.
O panorama nacional no outono será desalentador. Pero o peor é imaxinalo de aquí a un par de anos. Tras unha longa recesión o noso tecido produtivo será débil e o Estado de Benestar mínimo.
A desgana cidadá impera. Polo momento, xeracións perdidas e mozos preparados sen expectativas que asumen o periplo do exilio económico conforman o balance a lamentar. Unha diminución de capital humano enorme.
Doutra banda, destaca as discrepancias internas que existen entre os traballadores. Uns son vítimas da precariedade e outros aínda gozan dos minguados privilexios conquistados décadas atrás cando se propagaba o diálogo social. A aristocracia obreira é cuestionada, ata, polos seus próximos proletarios.
Poida que as manifestacións só sirvan de desafogo. Pouco se pode facer ante as naturais esixencias dos socios europeos que accederon a prestarnos o diñeiro.
A saída da crise económica non se percibe. E, por agora, toca pagar e mais pagar a débeda ata a súa totalidade. Que é moita. Polo que virán máis recortes que o Executivo non poderá, dirá que non pode negar.
O ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, volverá repetir ata a saciedade, entre a perplexidade e a condescendencia desa sorrisa de bruxo malo que produce as súas intervencións parlamentarias, que non hai diñeiro.
En fin, o nivel de resistencia cidadá ante a adversidade claudica co paso do tempo. Todo ten un aguante. E o menos desexable para o país é un conflito social.
Otero Regar