O SAN FERMÍN GASTRONÓMICO CELÉBRASE EN FOZ OS DÍAS 6 E 7 DE XULLO, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS.
Foz, 3 de xullo de 2012. Chegou o mes de xullo e con él chegan tamén os sanfermíns. En Foz todo está listo para o III San Fermín Gastronómico. Unha treintena de bares e restaurantes participan nesta cita que terá lugar os días 6 e 7 de xullo, organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
Durante eses días os locais hostaleiros servirán pinchos típicos de Navarra nos que non faltarán as alcachofas, os espárragos, os pementos de piquillo, o chourizo e a chistorra, os queixos ou a terneira e o cordeiro. A cor vermella inundará Foz, que vivirá o seu particular San Fermín un ano máis. O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “esta festa ten moi boa acollida na nosa vila. Todos os anos que se celebrou foi un éxito. Con ela queremos darlle á benvida a todos os que ano tras ano elixen Foz para pasar as súas vacacións de verán”.
Os locais participantes no III San Fermín Gastronómico son: A Funcional, A Maseira, A Quinta, A Rambla, A Rula, A Viña, A Bolera, Acuario, O Taco, O Carro, Dallas, May-Ros, Xoyma, Anduriña, Costumes do Mar, El Rincón de Anita, Fina, O Fogar do Pelolo, Portovello, Express, O Norte, Leytón, O Tangarte, Namarinos, Xoiña, A Caracola, As Brasas, Dandy, O Lar e O Mar.
Paleo anima “a toda a xente que queira pasar uns días agradables vivindo o ambiente do San Fermín a que se achegue a Foz o venres e o sábado”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



