En recentes datas acaban de facerse públicos dous informes que alarman sobre o estado de conservación da ría de Ribadeo, segundo publica o blog Ria de Ribadeo. Un deles publicado co gallo da recente Conferencia Internacional Ramsar, e outro posterior da Sociedad Española de Ornitología.
“Entre os pasados días 6 e 13 de xullo de 2012, celebrouse en Bucarest a 11ª Reunión da Conferencia das Partes na Convención sobre os Humidais Ramsar (ou COP11). Nela analizouse a situación dos 2.026 humidais de todo o mundo que están incluídos neste convenio, detectándose graves carencias no cumprimento dos acordos adoptados polos estados participantes na Conferencia.
Unha das principais conclusións que se sacan da Resolución desta COP11, é a falta de información oficial sobre o estado dos humidais. Esta situación é común entre moitos dos estados membros, sendo un total de 1.385 sitios de 149 países (o que supón o 68% do total dos humidais Ramsar) dos que non se dispón de información actualizada. No caso do estado español, non cumpriu co seu compromiso de presentar informes actualizados da situación de 47 dos seus humidais recollidos no convenio Ramsar (sobre un total de 74).
Pero si esta falta de información actualizada é preocupante, como así se reflicte na resolución final aprobada na COP11, no caso concreto do noso humidal Ramsar, a Ría de Ribadeo, a situación é máis grave. Porque neste caso sí se presentou información sobre o estado do humidal, e precisamente ahí está o preocupante. Segundo se reflexa na resolución final da Convención, trátase dun dos 8 humidais (do total dos 74 de todo o estado) dos que se informou que “se teñen producido, se están producindo ou se poden producir cambios negativos inducidos polo ser humano”. Os outros 7 humidais cunha declaración similar son: Lagoa e areal de Valdoviño (tamén en Galicia), Aiguamolls de l’Empordà (Cataluña) , Albufera de Valencia, Mar Menor (Murcia), Saladar de Jandía (Canarias), S’Albufera de Mallorca e Txingudi (País Vasco).
Como complemento a esta declaración da COP11, e ante a falta de información da administración española sobre os outros 47 humidais Ramsar, a Sociedad Española de Ornitología ven de elaborar un breve informe no que se analiza a situación de tódolos humidais da rede, os 74. E lóxicamente, neste informe a situación do noso estuario tamén sae mal parada, en concordancia co expresado na resolución da COP11. Así, valorando a extensión e a calidade do hábitat requeridos polas poboacións de aves presentes no espazo, e entre unha escala de valores de Bo, Moderado, Pobre e Moi Pobre, o hábitat da Ría de Ribadeo está catalogado pola SEO como Moi Pobre. No seu informe a SEO deixa nunha situación similar a outros 17 humidais da rede no estado (o 23% deles).
Así pois, e a modo de reflexión, pódese dicir que a saúde da Ría de Ribadeo está seriamente ameazada, e que de seguir por este camiño de agresións e pouco control das actividades humanas que se realizan en torno a ela, a riqueza faunística, vexetal e por qué non dicilo, tamén paisaxística, continuará a degradarse.
























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



