O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de enviar unha queixa formal á Xunta tras a non inclusión da praia das Catedrais no Top ten turístico de Galicia. O rexedor sinala que “desde o Concello de Ribadeo, e por extensión de toda a Mariña luguesa, non entendemos a falla neste novo produto dun recurso das características da praia das Catedrais, xa que é un dos lugares máis visitados do país e o monumento natural máis importante de Galicia”. Fernando Suárez considera este feito coma “unha grave discriminación” pola que solicita que desde a Secretaría Xeral para o Turismo, “e sen ir contra ningún outro recurso turístico do país, se rectifique e se inclúa no Top ten á praia das Catedrais xa neste mesmo 2012”.
——-
Secretaria Xeral para o Turismo
Nestes días estívose a presentar por ese departamento autonómico nos medios de
comunicación a campaña promocional “Top Ten” turísticos, pola que se desenvolverán
diferentes paquetes turísticos distribuidos por toda a xeografía galega e para a cal se destinan
uns 146.000 euros de orzamento.
Nesta lista dos denominados “Top Ten” inclúense unha serie de destinos nos que
predominan maioriatriamente das provincias de Pontevedra e A Coruña, a pesares de que se
fixo especial fincapé na distribución por todo o territorio galego.
Desde o Concello de Ribadeo e por extensión, de toda a marina luguesa, non
entendemos a falla deste novo produto dun recurso das características da Praia dasCatedrais,
xa que é: un dos lugares máis visitados do país e o monumento natural máis importante de
Galicia. Ademáis, é o principal recurso turístico da Marina Lucense como destino como así o
avalan as diferentes campañase promocións turísticas, sendo a imaxe principal turística a nivel
de estado por parte de Turespaña.
Diante desta situación tan extraña ao ver como desde o estado se recoñece a valía
mentres desde a Xunta se esquece, o Concello de Ribadeo considera un grave erro e unha falta
de obxectividade a decisión da Secretaría Xeral para o Turismo de ter obviado este recurso,
tanto pola súa importancia turística como a súa capacidade de arrastre dentro provincia de
Lugo.
É por tanto, que consideramos este feito como unha grave discriminación pola que
solicitamos que desde a Secretaría Xeral, e sen ir contra ningún outro recurso turístico do país,
se rectifique e se inclúa no “Top Ten” á Praia das Catedrais xa neste mesmo ano 2012.
Asemade, que no sucesivose teñan en conta en cantas outras promocións turísticas se leven a
cabo.
Atentamente























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



