SUÁREZ BARCIA PIDE COLABORACIÓN VECIÑAL PARA TRATAR DE LOCALIZAR AOS AUTORES DOS ÚLTIMOS ROUBOS COMETIDOS EN RIBADEO. A POLICÍA LOCAL ESTÁ A RECIBIR CHAMADAS DENUNCIANDO A APARICIÓN DE MARCAS SOSPEITOSAS VERMELLAS E NEGRAS NALGÚNS PORTAIS E NOS TIMBRES.
Ribadeo, 4 de xullo de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, pide colaboración veciñal para tratar de localizar aos autores dos últimos roubos cometidos en Ribadeo. A Policía Local está a recibir chamadas de veciños denunciando a aparición de marcas en cores vermella ou negra nalgúns portais e nos porteiros automáticos. De feito nos lugares nos que se perpetraron os últimos roubos foron localizadas esas sinais.
O rexedor dixo que “sempre me teño referido á importancia da colaboración cidadá á hora de clarexar ou de aportar pistas ou indicios que poidan conducir a que, ben á Policía Local ben a Garda Civil, poidan coller aos malos por así decilo neste asunto dos roubos que levamos padecendo un tempo na comarca da Mariña e tamén en Ribadeo. Teño o dito moitas veces e fun obxecto de críticas por parte da oposición acusándome de querer alarmar e de converter isto nunha especie de gran hermano, que para nada é así”.
Suárez Barcia sinalou que “hoxe quero volver insistir no mesmo, porque na Policía Local estánse a recibir avisos de veciños de situacións sospeitosas como que nalgúns portais, ou no lateral dos telefonillos, ou nos propios botóns dos porteiros automáticos están a aparecer algunhas marquiñas ou pinturas en cor vermella ou negra. Pode parecer que é un símbolo ou un código de alguén que poida identificar determinadas situacións. De feito esa simboloxía apareceu nos inmobles nos que se perpetraron os últimos roubos en Ribadeo”.
Por ise motivo o alcalde de Ribadeo volve pedir colaboración aos veciños e ás veciñas de Ribadeo “porque os patróns de roubo non son sempre os mesmos. Non é que se cometan só de noite, senón que tamén se producen de día, tal e como ocorreu nos últimos casos. Non é só que se cometan nas aforas porque tamén se producen no centro da vila. Para que a Policía Local e a Garda Civil poidan ter máis facilidades co fin de atallar esta situación de inseguridade que se está a dar nos últimos tempos quero pedir unha vez máis que calquera que vexa conductas estranas ou este tipo de simboloxía no seu portal que o comunique ás forzas de seguridade. É fundamental para que todos poidamos avanzar máis á hora de coller a estes cacos que están a sementar certa preocupación, normal e lóxica, entre a cidadanía do noso Concello”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



