O BNG OCUPA O INEM DE RIBADEO PARA PROTESTAR POLO DESEMPREGO XUVENIL
Na provincia de Lugo os parados de entre 16 e 25 anos supoñen o 67,5% da poboación activa
Xoán Estúa asegura que “o PP está condenando á xuventude á emigración até o punto de que en tres anos 2000 mozos abandonaron A Mariña”
O BNG xuntará con carácter extraordinario esta tarde a súa dirección na comarca para analizar os intentos do PP por desmantelar FEVE
A Mariña, 27 de xullo de 2012. Un grupo de militantes do BNG do que formaban partes cargos orgánicos e institucionais do fronte ocupou de xeito simbólico a delegación do INEM de Ribadeo para protestar polas repercusións que en materia de emprego están a ter as decisións en materia de política económica que veñen adoptando os Gobernos do estado e da Xunta seguindo as recomendacións da Unión Europea e que apuntan a condenar a toda unha xeración de mozos e mozas a calquera alternativa de futuro laboral na Comarca. Os manifestantes que portaban unha pancarta co lema “Futuro para A Mariña” aproveitaron o acto para deixar diante da delegación ribadense unhas maletas, co que simbolizaban o futuro de emigración co que ao entender dos nacionalistas o PP pretende condenar a xente moza da Mariña
O vive responsable do BNG na Mariña, Xoán Estúa, califica de “alarmantes e preocupantes” os datos de desemprego xuvenil na comarca que, dende maio de 2009 a maio de 2012, se incrementou un 15 por cento. Aumento que, segundo explica o líder nacionalista, é “especialmente significativo nos concellos de Burela e Viveiro onde o paro entre os menores de 25 anos ascendeu un 38 e un 24,14 por cento respectivamente.”
Ante esta situación, o BNG denuncia “a incapacidade do Goberno galego para frear a sangría do paro xuvenil na comarca da Mariña. As políticas de recorte e a falla de plans de emprego específicos para os menores de 25 anos están a deixar sen futuro ao principal activo do país, á xuventude. É máis este aumento do desemprego xuvenil non é quen de paralo incluso a propia pirámide demográfica de moitos Concellos da Comarca onde a poboación de 65 anos xa supera ao resto da poboación total como acontece en Concellos como Ourol ou Muras. Tanto é así que hai concellos na Mariña onde apenas fican persoas nesta franxa da idade”.“A inexistencia dunha política activa para favorecer oportunidades laborais –insiste o BNG- está a condenar aos máis xóvenes á emigración con todas as consecuencias negativas que iso ten para A Mariña. Cada ano é maior o número de mozos e mozas menores de 25 anos que abandonan os concellos da comarca, o que fai, incluso, que nalgúns concellos pareza que diminuíu a taxa de desemprego xuvenil Tanto é así que nos últimos tres anos preto de 2000 mozos menores de 25 anos vironse na obriga de abandonar a Comarca destino a outros territorios de Galiza, do Estado e fundamentalmente de Europa.”
Para os nacionalistas A Mariña necesita actuacións urxentes e por iso reclaman ao executivo que preside Núñez Feijóo un plan de emprego xuvenil que atenda as especificidades da comarca e que ademais estea deseñado para reducir o desemprego feminino que, en tres anos, superou o 20 por cento. “A crise fai aínda máis importante a posta en marcha de políticas de emprego con perspectiva de xénero”.Para Xoán Estúa“os últimos tres anos foron unha perda de tempo e oportunidades para Galiza, para Lugo e para esta comarca. Co Partido Popular na Xunta o desemprego xuvenil acadou cifras récord; soamente na provincia de Lugo os parados de entre o 16 e 25 anos supoñen o 67,5% da poboación activa. Ademais, a isto temos que sumarlle que hai menos ensino público, menos axudas para o estudo e a investigación, menos acceso á vivenda e nos concellos do medio rural precarizáronse os servizos públicos.”
“ A Mariña esta a vivir unha situación limite” afirmou Estúaquen indicou que “as medidas que está a tomar o Goberno do Estado non van facer máis que aumentar o desemprego e empobrecer ao conxunto da sociedade. Seguen erre que erre tentando aplicar as mesmas políticas que fracasaron xa no período Zapatero e que a Comisión Europea e o Fondo Monetario Internacional están aplicando en Grecia e en Portugal. En definitiva o aumento do IVE, a destrución de preto de 300.000 empregos no sector público e a política de recortes so vai provocar que as taxas de paro aumenten aínda máis como recoñece a propia OCDE, xa que se trata de medidas que gravan directamente ao consumo”.
O Vice Responsábel Comarcal do BNG mostrou a súa “ particular preocupación polos efectos que estas decisións van ter por unha banda na poboacións desempregada, na medida que as mesmas reducen a contía e a cobertura das prestacións por desemprego, e nos autónomos ao fixar unha nova fiscalidade para os mesmos, pola liberalización de horarios e tamén porque de facto os obriga a asumir a repercusión do IVE. A forte dependencia que a nosa comarca ten do sector servizos e o peso que os autónomos teñen na na poboación ocupada poñen van gravar de xeito moi particular á Mariña até o punto de que é de esperar un autentico setembro negro no referido ao feche de negocios, dado que o descenso do consumo e o aumento en 7 puntos do IRPF para os autónomos fan insostíbel o mantemento da actividade en moitos negocios”.
Xa por último Estúaaproveitou a comparecencia diante dos medios no acto de Ribadeo para dar conta que o BNG celebrará na tarde de hoxe un Consello Comarcal extraordinario onde van analizar a proposta do Ministerio de Fomento de reducir as liñas de FEVE na Comarca até o punto de que na súa opinión “ a decisión de reducir estas liñas, non é nin máis nin menos, que o primeiro paso por parte do Goberno do PP para tentar desmantelar e fechar a liña de ferrocarril na Mariña. A nosa posición é coñecida ao respecto, mesmamente pensamos na necesidade de reforzar o servizo xa que contribuiría a vertebración da Comarca, polo que a maiores de esixir do PP que paralicen a decisión pensamos que é necesaria unha resposta do conxunto da Comarca para que isto non vaia para adiante”.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



