O LAR : 50 ANOS
O 1 de agosto de 1962 – hai 50 anos – a vella taberna portuaria de José Rodriguez, “o maragato do muelle”, pasaba a máns de Mª Luisa de Otilia e Antonio de Barbeitos. En apariencia nada cambeaba: a fisonomía mantívose ata hai pouco, pero a dinámica mudou. De contado convertiuse en lugar de cita de xentes heteroxéneas, con diversas inquedanzas, das que ó longo dos anos agromaron accións culturais, benéficas e sociais. Creouse a “peña”: os membros bebían por cuncas de palla, impregnado o seu interior de pez; artesanía chantadina que daba nome á mesma: “xarras e tazas de Chantada”. Cada quen contaba cunha na que figuraba o nome ou seudónimo e penduraban nun taboeiro suxeito á parede, detrás do mostrador. O mais urxente foi dar nome á nova xeira da vetusta taberna convocando un concurso de ideas entre a militancia. Iste cronista, afiliado a ela, propuxo que en adiante fose “O Lar do Mariñeiro”; entón era o factor mar, e os derivados, o que imprimía carácter á nosa sociedade. Agradou, pero creuse bó facelo mais curto, e así quedou: “ O Lar”. Outro acordo foi dotar de calefacción ó Asilo. Presidía a Comisión a tal fin Andrés Carro, “do retratista”, fillo de don Andrés e dona Rosa, os creadores da histórica Foto Celta, chegados onda nós trala guerra do 36, procedentes de Betanzos onde a estadía, seique por motivacións políticas, non lles resultaba agradable. A idea da peña eisixía un grande esforzo recaudatorio, cando non existía eso das “subvencións”, hoxe tamén chamadas “mercavotos”. Todo evoluciona.Tal evidencia obrigaba a exprimir o maxín para ofrecer actos e espectáculos atractivos e lograr ingresos; e así, amais das socorridas loterías e colectas, houbo funcións teatrais (“La vida privada de mamá” e “Don Armando Gresca”, por elenco indíxena), ceas, festivais no vello cine Cageao e partidos de fútbol, como o que enfrentou ao Taza Clube e Madeiristas, F.C. que rematou 2 a 2; desempate que, con grande expectación, resolveron os capitáns respectivos: o médico don Carlos e o forestal Sampaíño, en partida de tute, situados no centro do campo… e a calefacción instalouse no Asilo!
(Continuará).
Suso Fernández

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



