O PORTO DE CELEIRO ACOLLEU A PRIMEIRA XORNADA DA I BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS DEPUTACIÓN DE LUGO
Antonio Veiga, que asistiu ao evento, explicou que “este tipo de actividades, ademais do valor que teñen como eventos a nivel deportivo, aportan un valor engadido que é a afluencia de xente á localidade co gallo da súa celebración”
Un total de 17 embarcacións participan nesta competición , coa que a nova directiva do club de remo pretende revitalizar este deporte na comarca
Celeiro – Viveiro, 7 de xullo de 2012. O porto de Celeiro acolleu a primeira xornada da I Bandeira de Traiñeiras Deputación de Lugo, á que asistiu o vicepresidente do ente provincial e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, que declarou que “este tipo de actividades, ademais do valor que teñen como eventos a nivel deportivo, aportan un valor engadido que é a afluencia de xente á localidade co gallo da súa celebración, pois son moitas as persoas que se achegaron a Celeiro esta fin de semana para asistir ao evento”.
Esta primeira xornada consistiu en dúas quendas contrarreloxo conformadas polos 9 equipos da LG-B na 1ª quenda, dos que quedou gañador o Amegrove, e os 8 equipos da LG-A na 2ª quenda, dos que quedou primeiro o Robaleira , ó que Antonio Veiga entregou o maiot de campión desta proba.
As doce embarcacións clasificadas, das 17 participantes, disputarán mañá, a partir das 11:00 horas, a final da I Bandeira de Traiñeiras Deputación de Lugo, mediante o sistema tradicional de regatas, en 3 quendas segundo os resultados da xornada de hoxe, independentemente da liga a que pertenzan os equipos. Deste xeito, a proba de hoxe é puntuábel para cada unha das ligas, posto que non hai interferenza entre elas, e a xornada de mañá, definirá a clasificación e reparto de premios da bandeira en cuestión.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
