Dende a Executiva Municipal do PSdeG-PSOE queremos denunciar o feito de
que o goberno municipal do PP está a poñer todos os impedimentos que tén ao
seu alcance para frear as iniciativas culturais que non son do seu agrado.
E queremos poñer o exemplo do V Seminario de Jazz, co cal o Concello, non
só non colabora de ningún xeito, se non que nin tan sequera é capaz de ceder
gratuitamente as instalacións municipais para que se desenvolva unha das
iniciativas musicais de máis éxito dentro e fóra do Concello. Proba este éxito o
feito de que este ano se superan os 60 matriculados, número suficiente de
persoas, ao noso entender, para que se lles preste a atención necesaria dende
o Concello de Burela.
Deste xeito, manifestamos sentir vergoña do noso goberno municipal porque
todas esas persoas e os 7 profesores de grande éxito que os acompañan (máis
os dous profesores coordinadores do seminario) teñen que usar as instalacións
dun colexio público de Burela para aforrar o diñeiro que o Concello cobra polo
uso das instalacións. Consideramos que, xa que o goberno municipal non
colabora facendo un convenio coa organización do Seminario, polo menos, non
debería ocasionar gastos. Isto parécenos aínda máis grave porque sabemos de
agrupacións e asociacións ás que non se lles cobra por usar as instalacións
municipais, o que non sabemos é o motivo.
Rematamos xa felicitando á Asociación Amajazz, grazas á cal este Seminario e
aínda hoxe posible e segue a medrar, polo seu tesón e insistencia, posto que
así conseguiron o apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, cubrindo
así o oco que o Concello de Burela deixou. E tamén queremos animar, unha
vez máis a que, como mínimo o Sr. Alcalde e a Sra. Pedre, Concelleira de
Cultura, se dignen a aparecer por algún dos moitos concertos que o Seminario
de Jazz ofrece na nosa vila. Así coñecerían de que se trata ese famoso
Seminario e o motivo de que teña tanto éxito



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



