OS DESEÑADORES
Nestes días os que manexaron os fíos dos monicreques de Bankia e Novagalicia, están sendo estudiados pola Fiscalía do Estado por si “as moscas”. En realidade buscan os responsables de deseñar o modo de sacarlles os cartos os impositores que non os inversores que son dúas cousas distintas. E como se supón que fan?
Nunha habitación, e sobre dunha mesa traballa un deseñador de roupa, despois o seu traballo lóceo una moza na pasarela levando os aplausos. Uns enxeñeiros traballan deseñando un motor de coche que despois faralle subir o podio o gañador da carreira. E así ata o infinito, xa que tras dun triunfo sempre existe un deseñador de algo. Pero o resultado final non sempre é o triunfo ou a fama, tamén están os cartos ou a cárcere. Por exemplo, segundo vemos na tele algunha vez os deseñadores rómpense os miolos en deseñar os modos de transportar a droga ata chegar a vendela e se todo sae ben énchense de cartos e si sae mal prenden a quen a transporta – non o deseñador – os que rouban un banco deseñan como facelo, fan planos, miden tempos, acumulan datos que resumen nun plan, se todo sae ben hai cartos e se sae mal, pois cárcere para os actuantes. pero o deseñador igual se libra dela, aínda ai moitos mais casos deses, e ocorréseme que cando un banco ofrece un producto “lixo” alguén o deseñou. Témolo exemplo das “Preferentes”, alguén chegou un día o banco coa idea e presentouna na mesa onde se reúnen os conselleiros, onde soe participar algún dos políticos retirados e en nómina do banco, e alí, supoño que a media luz para non se ver as caras uns a outros deseñan a trampa legal, o roubo camuflado de legal, ou a estafa consentida das famosas “Preferentes” onde se todo sae ben énchense de cartos e se sae mal como esta ocorrendo, os que perden son os directores de sucursal cómplices secundarios, pero os deseñadores, os que a luz dun candil, agochados, e disimulando a voz porque sabían que estaban sacándolles os cartos con ”pluma” (non con pistola) a tódolos aforradores inocentes e lles daba algo de vergoña que ninguén os vise, a eses so os botan do traballo con indecentes e millonarias e polo visto legais indemnizacións. Porque eles non foron, foi o Banco, si, ese edificio presuntuoso que todos coñecemos, feito de cemento ou do mesmo producto que teñen na faciana os deseñadores dos productos bancarios, e que na porta dos seus despacho locen un cartel que di “Nos somos honrados. Vostedes parvos egoístas” .
Teña coidado amigo. Alguén segue deseñando nos bancos e si se fan ricos, pagarao vostede e se sae mal, pagarao vostede a traveso de Estado e os empregados das sucursais. Sempre seremos Vostede e mais eu os culpables, por picar no cebo dos intereses elevados que nos sacaran de traballar, pero nunca un deseñador.
Será capaz, esta vez, a Fiscalía de pórlle nome a algún deseñador? Algún mindoniense que esta nas redes das “Preferentes” agradeceríao para que lle devolvan o que é seu, e lle quitaron con un artigo ben deseñado polo deseñador do banco.Por suposto legal, faltaría mais, e se non, que llo pregunten a quen mercou “preferentes” de deseño.
Xosé Ruiz Leivas


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



