OS NORMANDOS E A QUEIMADA
Xosé Paleo, gran facedor da revolta vikinga, sabendo que son os coñecementos os que poden salvar as situacións, nomeou un comité de expertos para o estudo da historia e a cultura autónomas, por ver se seguen esquecidos aspectos que podan aflorar e colaborar a sair do buraco. Puxo ó fronte do grupo a Paco Piñeiro, polifacético da cultura e home honesto e xeneroso, e xa agroman os froitos: por de pronto deron ca que poidera ser a solución a unha vella inquedanza do pobo galego: a orixe da “queimada”.Conta o relato, ollado en documento celosamente agochado, cal valioso Códice Calixtino, que na época das invasións normandas, para avisar á catedral de San Martiño, e que don Gonzalo non fose sorprendido, prendíase lume no Cabo de Burela; logo no Coto do Faro, sobre Cangas e Nois, despois no Castro de Fazouro e, por último, no alto da Grela, pretiño da capela do Bispo Santo, pois dalí xa se divisaba San Martiño.
Certa vez que, por estar o vixiante do castro cumprindo cos deberes matrimoniais, nos que ninguén podía sustituílo, pois corría o risco de que, polos cornos, o confundiran cun vikingo, esqueceulle mercar material para facer o lume. Entón, ó ver que o lumieiro xurdía da parte de Burela avisando dunha invasión, tivo a idea de recurrir a unhas barricas que contiñan a destilación de pelexos de uva do país, cepas albariñas traídas dende o Rhin, e plantadas polos monxes de Cluny en todo o feudo do arcebispo Xelmírez. Era un alcol de bagazo, augardente, que recibía o nome de “raspa”.
O lume fixo efecto e os normandos non deron cos tesouros, ben gardados, Pero isto ía ter outra consecuencia: foi que ó chegar a terra, na praia de Arealonga, e organizar unha festa, costume vikinga, non deron co augardente, aínda que sí con outro licor que quedara de residuo do lume, e probárono. O efecto foi tan contundente que decidiron non voltar a terras galegas, a cambio da fórmula da deleitosa bebida. O vixiante, que non sabía cómo chamar ó novo brebaxe, púxolle un nome en relación co obxetivo para o que o empregara o chamouno “queimada”, que chegou ós nosos días, e aínda hoxe nos rendemos á súa exquisitez. É iste o primeiro achádego das pesquisas que dirixe Piñeiro, do que Paleo se sente fachendoso. Pode que o Desembarco Normando de Foz remate aclarando moitas dúbidas históricas, coma ésta das orixes da “queimada”. Seguro que, sen tardar, o audaz Piñeiro, e os seus, darán con outros ignotos documentos para mellor coñecer a verdade da nosa historia.. . Veleiquí a mostra.
Suso Fernández
.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



