O hotel Vila do Val celebra con diversas actividades esta semana o cuarto aniversario da súa posta en marcha. Onte os nenos foron os protagonistas. Hoxe martes, Roberto Reigosa pronunciará una charla titulada O Valadouro, historia dunha peculiaridade. Mañá mércores, 4 de xullo, Suso Fernández e Pedro Rubal falaran sobre A evolución do Valadouro e a ruta do Mariscal Pardo de Cela. Será poñente e moderador Quique Geada. Haberá unha cea amenizada polo pianista Jorge Olivera. O xoves, 5 de Xulio, o grupo teatral Raiolas representará Non volvas Salustio, non volvas, a partir de las 21 horas. E o venres, Vila do Val inaugurará a súa terraza cunha cena-baile.
Seguen os actos de celebración do cuarto aniversario do hotel Vila do Val en Ferreira