UNHAS 5.000 PERSOAS PASARON POLA OFICINA DE TURISMO DE RIBADEO E POLO PUNTO DE INFORMACIÓN DAS CATEDRAIS NA PRIMEIRA QUINCENA DE XULLO. ANA MARTÍNEZ AMÓSASE SATISFEITA E SINALA QUE RIBADEO SEGUE A SER UN REFERENTE PARA MOITA XENTE QUE QUERE DISFRUTAR DAS SÚAS VACACIÓNS NO CONCELLO. A OCUPACIÓN HOTELEIRA RONDA O 80%.
Ribadeo, 18 de xullo de 2012. Unhas 5.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Ribadeo e polo punto de información da praia das Catedrais na primeira quincena do mes de xullo, segundo os datos que deu a coñecer esta mañá a concelleira de Turismo, Ana Martínez.
A edil nacionalista asegura que “a pesares da situación e do momento crítico que estamos a vivir Ribadeo segue a ser destino e un punto de referencia para moita xente que quere disfrutar das súas vacacións no noso concello. A cifra das 5.000 persoas que demandaron información turística en Ribadeo e nas Catedrais é un dato máis que significativo”.
Ana Martínez sinala que “o número de visitantes variou bastante entre a primeira e a segunda semana do mes de xullo, xa que se triplicaron os datos. Pola oficina de turismo de Ribadeo pasaron 1.000 persoas na primeira semana se xuño, namentras que na segunda fixérono máis de 1.600. E polo punto de información turística das Catedrais, que comezou a funcionar na segunda semana de xullo pasaron máis de 2.000 persoas”. A concelleira de Turismo subliña que “sempre falamos de datos rexistrados, o cal supón que o número de persoas que chegan a Ribadeo é moi superior. A información tamén se recaba en hoteis, comercios, restaurantes… Despois de consultar a falar cos hoteis estamos rondando o 80% de ocupación hoteleira estes días, aínda que hai casos que se aproximan ao 100%”.
Martínez descatou “a acollida que está a ter a credencial do viaxeiro ribadense e que é gratificante para nós, dado o esforzo que supuxo poñela a andar hai unha semana. Toda a xente que acude á praia das Catedrais e fai a ruta de volta a Ribadeo que lle propoñemos, fotografiando algunhas zonas, obtén esa credencial que é unha acuarela dun artista local. Esas persoas quedan tamén rexistradas no caderno de viaxes de Ribadeo”.
A concelleira de Turismo indicou que “estamos verdadeiramente contentos do número de visitantes que estamos a recibir, e desexámoslles que disfruten e que sigan elexindo Ribadeo como destino”. E engadiu que “non só son turistas os que pasan por Ribadeo, senón que unha parte destes viaxeiros son peregrinos que fan o Camiño Norte. Estiveron a chegar uns 15 diarios, que proceden na súa maioría de Alemaña, Francia e Reino Unido”. En canto aos turistas que elixen Ribadeo para pasar uns días de vacacións proceden, por este orde, de: Madrid, Castela-León, Euskadi, Cataluña, Galicia e Asturias”.
Ana Martínez aludiu a que “o buque insignia de Ribadeo segue a ser a praia das Catedrais, a pesares de non formar parte do Top ten da Xunta. Este areal sí que é un dos primeiros referentes do noso país”.
O Concello de Ribadeo puxo en marcha neste verán varias iniciativas destinadas ao turismo. Ademáis da credencial do viaxeiro ribadense, os que se achegan á vila poden disfrutar dun bus turístico, que os leva a percorrer varios puntos de interés; contan tamén por terceiro verán consecutivo cun bus que os leva ata as praias do Concello, e hai tan só uns días poñíase en marcha o taxi turístico, que ofrece tres rutas aos visitantes, por Ribadeo, pola Mariña Oriental e Central e polo Occidente asturiano.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



