GONZÁLEZ BARCIA VALOROU DE XEITO MOI POSITIVO A VISITA QUE ESTA MADRUGADA CURSOU Á LONXA BURELESA A CONSELLEIRA DO MAR. PARA O ALCALDE CONFÍRMASE O COMPROMISO DA XUNTA CO SECTOR PESQUEIRO.
Burela, 16 de agosto de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, valorou de xeito moi positivo a visita que esta madrugada cursou á lonxa de Burela a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Para o rexedor confírmase o compromiso da Xunta co sector pesqueiro, que está a vivir unha situación de retos permanentes e atravesando unha indefinición pola falla de concreción da política pesqueira común que se está a rediseñar.
González Barcia dixo que “temos que valorar de xeito positivo a visita que fixo a conselleira a Burela, porque demostra o compromiso que ten a Xunta de Galicia co mundo do mar. Xa non só pola visita á lonxa para ver a venda de peixe, senón pola reunión que tivo despois con representantes do sector e na que lle plantexaron aquelas inquietudes e problemas polos que están a atravesar”.
O alcalde burelés subliñou que “o noso compromiso co sector pesqueiro é absoluto, na petición que fan dun reparto máis equitativo e máis acorde cos caladoiros das cuotas de pesca. Hoxe non se entende moi ben cómo as cuotas da pescada son as que son e non se poida capturar máis e que ocorra o mesmo coa cabala ou co xurelo”. E engadiu que “nós como equipo de goberno do Concello de Burela entendemos que son os mariñeiros os que mellor saben preservar os caladoiros, e son os mariñeiros os primeiros interesados na súa preservación porque eso significa garantir a continuidade do traballo. Partindo da filosofía de que detrás da pesca hai familias que viven da pesca, hai empresas que viven da pesca, nós concluimos en que lle axudaremos ao sector a que poidan seguir faenando e traballando, porque eso é o que queren”.
José Maria González Barcia indicou que “como responsables políticos a nivel local debemos pedirlles ás diferentes administracións que deixen seguir traballando a estas empresas, que deixen seguir pescando aos mariñeiros, sobre todo tendo en conta a situación de crise que estamos a vivir, e o que tamén pedimos é que se faga un reparto de cuotas máis equitativo e máis acorde cos tempos que corren, xa que estamos a manexar datos de 1982 e calquera persoa pode entender que con trinta anos de vixencia esas cifras poden quedar completamente obsoletas”.
O rexedor dixo que “a nosa postura tamén é clara no que se refire ás titulacións requeridas para poder despachar un barco. Nós entendemos que en toda a UE debería aplicarse unha normativa única e non estar pasando o que ocorre na actualidade, onde unha ou dúas persoas despachan un barco en Inglaterra, por exemplo, cando aquí fan falla moitísimas máis titulacións. Dase a circunstancia de que un barco inglés cun ou dous titulados fai a competencia a un barco español con catro ou cinco titulados e nós non entedemos cómo esto se pode producir así porque as condicións de traballo non son iguais para todos. Nós o que pedimos é que se formule unha normativa única para UE para regular as titulacións e aqueles aspectos vinculados con elas que se lle deben esixir a un barco de pesca”.
González Barcia reiterou que “a visita de Rosa Quintana é positiva, representa unha vez máis o compromiso da Xunta co mundo do mar, que está vivindo unha situación de retos permanentes e atravesando unha indefinición por esa falla de concreción da política pesqueira común que se está a rediseñar. E agardamos e confiamos en que as cousas se vaian solucionando nun momento tan volátil e tan cambiante coma o que estamos a vivir”.
Acompañaron a Rosa Quintana na súa visita á lonxa de Burela esta madrugada o secretario xeral de Mar, Juan Maneiro; o portavoz do PP no Senado, Xosé Manuel Barreiro; o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Balseiro; e o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



