O CONCELLO NOMEARÁ FILLO PREDILECTO A VÍCTOR MORO, E FILLOS ADOPTIVOS A JOHN RUTHERFORD E JOSÉ CALAVERA. SERÁ NUNHA SESIÓN PLENARIA PREVISTA PARA HOXE E O DOMINGO OS TRES PERSOEIROS RECIBIRÁN DITAS DISTINCIÓNS.
Ribadeo, 30 de agosto de 2012. Hoxe xoves, 30 de agosto, ás 20 horas celebrárase un pleno extraordinario no Concello de Ribadeo co obxectivo de aprobar o expedente para a concesión do título de fillo predilecto a Víctor Moro, e de fillos adoptivos a John Rutherford e José Calavera Ruiz.
Segundo o regulamento de honras e distincións do Concello éste será o momento en que a Corporación Municipal acorde darlles ditas distincións a Víctor Moro, John Rutherford e José Calavera.
No informe elaborado para a instrucción do expedente relativo ao nomemento de fillo predilecto de Ribadeo de Víctor Moro sinálase que “Ribadeo ten dado históricamente persoas activas, capaces e dignas da representación desde nobre Concello en Galicia, no Estado e polo mundo adiante. Algúns e algunhas delas teñen destacado en eidos tan importantes e tan distintos como a literatura, a pintura, a náutica, a música, a enxeñería, a política, o comercio, a economía… Precisamente un destes edios, a economía, a súa teoría e a súa praxe foi un dos fundamentos vitais dun destes fillos de Ribadeo”. Víctor Moro foi, entre outras cousas, subdirector xeral do Banco de España e director de Pescanova, ademáis de ter participación na política activa chegando, entre outros cargos, a ser deputado no Congreso pola UCD así coma director xeral de Pesca Marítima. No informe do Concello engádese que “mención especial debe ter o seu compromiso con este Concello e coa súa ría, a ría de Ribadeo, que sendo de todos e todas, divide administrativa e teóricamente unha realidade que as xentes de ambas beiras se encargan de borrar no decorrer do día a día, compartindo relacións comerciais, lingua, cultura e tradicións. Neste caso Víctor Moro foi e é un activo defensor da legalidade, recoñecemento e difusión do topónimo histórico, legal e vixente ría de Ribadeo”.
No caso do nomeamento de Jonh Rutherford como fillo adoptivo de Ribadeo, sinálase que “ao longo dos anos, desde 1960, ciméntase unha relación entre Ribadeo e John Rutherford que o fará implicarse de cheo na vida local, traballando en diferentes facetas do eido cultural. A figura de Rutherford foi recoñecida públicamente por numerosas entidades de todo o territorio galego e nese recoñecemento sempre está presente o seu ribadensismo”. John Rutherford é profesor, investigador e profundo coñecedor da cultura galega.
E no tocante ao nomeamento coma fillo adoptivo de José Calavera Ruiz lémbrase que “no ano 1987 tres enxeñeiros de camiños da empresa Intemac, entre eles o Sr.Calavera, realizaron unha primeira visita de inspección e toma de contacto co Torre dos Moreno. Cunha rapidez encomiable, o 17 de decembro, enviaban ao Concello un plan de actuación e nos primeiros meses do ano seguinte comezaron os traballos de mellora, que tiveron que ser paralizados pola negativa de acceso dalgúns propietarios. O amplo estudo realizado fóille entregado ao Concello en 1988. Sería a primeira dunha ampla e continuada colaboración, con diversas e traballosas fases e, algo que nin figura no citado primeiro traballo nin nos posteriores, absolutamente desinteresada e altruista”. O enxeñeiro José Calavera Ruiz leva “un cuarto de século de inquedanzas e dedicación á causa da conservación e rehabilitación da emblemática Torre dos Moreno, cun espíritu xeneroso e altruista”.
No pleno extraordinario desta tarde serán aprobados os tres nomeamentos e o vindeiro domingo, 2 de setembro, noutra sesión plenaria extraordinaria faráselles entrega das distincións. O pleno do domingo será ás 11:30 da mañá.
INFORME PARA A INSTRUCCIÓN DO EXPEDIENTE RELATIVO AO NOMEAMENTO COMO “FILLÓ ADOPTIVO DE RIBADEO” DO SR. D. JOHN RUTHERFORD, QUE FORMULA O CONCELLEIRO MANUEL VALIN VALDES Manuel Valín Valdés, Concelleiro, de conformidade coa resolución da Alcaldía nomeándoo instrutor do procedemento e responsable da tramitación do expediente para o nomeamento como “Filio Adoptivo de Ribadeo” de D. John Rutherford, segundo o acordó unánime da Xunta de Portavoces de datas 5 e 19 dexuñode2012. INFORMA: 1. Ñas súas reunións de datas 5 e 19 de xuño de 2012, a Xunta de Portavoces tomou o acordó unánime ce nomear como “Fulos Adoptivos de Ribadeo” aos señores D. John Rutherford e D. José Calavera Ruíz e “Filio Predilecto de Ribadeo” a D. Víctor Moro Rodríguez. De conformidade co disposto no Regulamento de Honores e Distincións do Excmo. Concello de Ribadeo e, concretamente a teor do que dispon o artigo 21, fórmase o presente expediente para que por parte da Alcaldía sexa elevado ao Pleno da Corporación. 2. A Vila de Ribadeo vén gozando tradinonalmente dunha importante actividade cultural, reflexo da inquietude das súas xentes; ten ademáis a sorte de contar coa presenza de recoñecidos persoeiros no eido cultural galego, e alen das nosas fronteiras naturais, que co seu cariño cara a esta térra teñen contribuido de xeito decisivo a reforzar o papel de centro neurálxico dunha ampia comarca que se estende pola Marina lucense e o occidente asturiano. 3. D. John Rutherford, profesor, investigador e profundo coñecedor da cultura galega é, con toda seguridade, un bo exemplo dése xeito de profesar amor por unha térra que, sen ser a propia, ocupa un lugar privilexiado na súa traxectoriavital. 4. Ó longo do anos, dende 1960, ciméntase unha relación entre Ribadeo e D. John Rutherford que o fará implicarse de cheo na vida local, traballando en diferentes facetas do eido cultural. Dous ambiciosos proxectos, nos que colabora activamente, van a deixar a súa pegada ao longo do tempo: un musical, a súa contribución na revitalización da Rondalla, e outro histórico-literario, as Xornadas ” Mar por Medio”. A figura de D. John Rutherford foi recoñecida publicamente por numerosas entidades de todo o territorio galego e nese recoñecemento sempre está presente o seu ribadensismo. 6. Así pois, durante máis de medio século, queda patente a súa implicación e relación de amor profundo a esta térra, que o fai merecente do nomeamento como Filio Adoptivo de Ribadeo. PROPONSE: Que a Alcaldía-Presidencia eleve ao Pleno do Concello para a súa adopción co voto favorable da maioría absoluta legal dos membros da Corporación e procedéndose despois no mesmo acto, extraordinario, público e solemne, á proposta que se formula. Primeiro. Concédase o título de Filio Adoptivo de Ribadeo ao Sr. D. John Rutherford, ao entender que están debidamente acreditados os méritos que o fan acreedor deste título. Segundo. A entrega en acto público e solemne, reunida a Corporación en Pleno Extraordinarioao efecto e coa debida publicidade. Terceiro. Que no sucesivo e como tal Filio Adoptivo de Ribadeo, ocupe o Sr. Rutherford o lugar de honra que Hecorresponda nos actos aos que sexa convidado.
INFORME PARA A INSTRUCCIÓN DO EXPEDIENTE RELATIVO AO NOMEAMENTO COMO FILLÓ PREDILECTO DE RIBADEO DO SR. D. VÍCTOR MORO RODRÍGUEZ, QUE FORMULA O ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DERIBADEO. Fernando Suárez Barcia, Alcalde, de conformidade coa resolución da alcaldía de data 9 de agosto de 2012 exerce de instrutor do procedemento así como responsábel da tramitación do expediente para o nomeamento de Filio Predilecto de D. Víctor Moro Rodríguez, segundo o acordó unánime da Xunta de Voceiros de datas 5 e 19 de xuño de 2012, INFORMA: 1. Ñas súas xuntanzasde datas 5 e 19 de xuño de 2012, a Xunta de Voceiros tomou o acordó unánime de nomear como Pillos Adoptivos de Ribadeo aos señores D. John Rutherford e D. José Calavera Ruíz así como Filio Predilecto a D. Víctor Moro Rodríguez. De conformidade co disposto no Regulamento de Honras e Distincións do Excmo. Concello de Ribadeo e, concretamente a teor do que dispon o artigo 21, fórmase o presente expediente para que por parte da Alcaldía sexa elevado ao Pleno da Corporación. 2. Ribadeo ten dado históricamente perseas activas, capaces e dignas da representación deste nobre Concello en Caliza, no Estado e polo mundo adiante. Algúns e algunhas délas teñen destacadoen eidos tan importantes e tan distintos como a literatura, a pintura, a náutica, a música, a enxeñería, a política, o comercio, a economía e un longo etcétera. 3. Precisamente un destes eidos, a economía, a súa teoría e a súa praxe foi un dos fundamentos vitáis de un destes fulos de Ribadeo. Nado en Ribadeo en pleno corazón do seu casco vello, Víctor Moro cursa os seus primeiros estudos aquí e comeza a despuntar o seu compromiso con este pobo nos seus temperasescritos publicados nos semanarios locáis. Despois de rematar os seus estudos fóra e sendo aínda un mozo exerce como economista do Banco de España onde, despois de varios postos de responsabilidade chega a exercer a Dirección da súa sede de Barcelona e posteriormente a Subdirección Xeral do Banco de España. Conta ademáis con brillantes etapas na Direccións de empresas galegas como Pescanova nunha época de forte espallamento internacional. 4. Tivo participación na política activa chegando, entre outros cargos, a ser Deputado no Congreso pola UCD, así como Director Xeral de Pesca Marítima dentro do Ministerio de Comercio que dirixía daquela outro ilustre Ribadense de adopción e que chegaría a ostentar a Presidencia do Gobernó do Estado. Estoume a referir ao benquerido Leopoldo Calvo-Sotelo.5. A súa defensa activa de Caliza como realidade diferenciada lévao a participar en Coalición Galega, onde chega a ser o seu referente durante un tempo. Posteriormente regresa á súa actividade ligada ao Banco de España sen esquecerse nunca de Ribadeo nin de Caliza, escribindo colaboracións xornalísticas vencelladas a temaseconómicose do desenvolvementode Caliza. 6. Mención especial debe ter o seu compromiso con este Concello que o quere laudar e coa súa Ría, a Ría de Ribadeo que, sendo de todos e todas, divide administrativa e teóricamente unha realidade que as xentes de ambas as beiras se encargan de borrar no decorrer do día a día, compartindo relacións comerciáis, lingua, cultura e tradicións. Neste caso, o Sr. Víctor Moro Rodríguez foi e é un activo defensor da legalidade, recoñecemento e difusión do topónimo histórico, legal e vixente “Ría de Ribadeo”. Foifroito deste seu irreductíbel tesón que en marzo de 2008 a Comisión especializada de nomes xeográficos, do Consello Superior Xeográfico, dependente do Instituto Xeográfico do Ministerio de Fomento, en relación ao topónimo Ríade Ribadeo, acordou que o único nome oficial recoñecido sexa precisamente o de Ríade Ribadeo. 7. Así pois, despois de toda unha vida, queda patente a súa implicación e relación de amor profundo a esta térra, que o fai merecente do nomeamento como Filio Predilecto de Ribadeo. PROPONSE: Elevar ao Pleno da Corporación para a súa adopción co voto favorable da maioría absoluta legal dos membros da Corporación e procedéndose despois no mesmo acto, extraordinario, público e solemne, á proposta que se formula. Primeiro. Concédase o título de Filio Predilecto de Ribadeo ao Sr. D. Víctor Moro Rodríguez, ao entender que están debidamente acreditados os méritos que o fan merecedor deste título. Segundo. A entrega en acto público e solemne, reunida a Corporación en Pleno Extraordinario ao efecto e coa debida publicidade. Terceiro. Que no sucesivo e como Filio Predilecto de Ribadeo, ocupe o Sr. Moro Rodríguez o lugar de honra que Hecorrespondanos actos aos que sexaconvidado
INFORME PARA A INSTRUCCIÓN DO EXPEDIENTE RELATIVO AO NOMEAMENTO COMO FILLÓ ADOPTIVO DE RIBADEO DO SR.D. JOSÉ CALAVERA RUIZ, QUE FORMULA O CONCELLEIRO EDUARDO GUTIÉRREZ FERNÁNDEZ Eduardo Gutiérrez Fernández, concelleiro, de conformidade coa resolución da Alcaldía nomeándoo instructor do procedimento e responsable da tramitación do expediente para o nomeamento como Filio Adoptivo de Ribadeo de D.José Calavera Ruiz, segundo o acordó unánime da Xunta de Portavoces de datas 5 e 19 de xuño de 2012, INFORMA: I 0 .-Nas suas reunións de datas 5 e 19 de xuño de 2012, a Xunta de Portavoces tomou o acordó unánime de nomear como Pillos Adoptivos de Ribadeo aos señores D. John Rutherford e D.José Calavera Ruiz e Filio Predilecto a D.Victor Moro Rodríguez. De conformidade co disposto no Regulamento de Honores e Distincións do Excmo.Concello de Ribadeo e, concretamente a teor do que dispon o artigo 21, fórmase o presente expediente para que por parte da Alcaldía sexa elevado ao Pleno da Coprporación. 2°.-Desde praticamente a sua construción, o edificio coñecido como Torre dos Moreno, construido mercé á filantropía dos ribadenses irmáns Pedro e Juan María Moreno Ulloa, converteuse nun dos monumentos referenciais da vila, dada sua imponente fasquía, os adiantos técnicos empregados na sua construción e un caracterizador estilo ecléctico, onde asoma xa o imediato modernismo. A sua privilexiada situación faino destacar como elemento rector do conxunto urbano e vencello de unión entre o casco histórico e os sucesivos espallamentos do tecido urbano. 3°.-O paso do tempo xunto coa anómala composición da propiedade, dou nun paulatino abandono do inmoble que derivou nunha grave situación realmente patolóxica a respeito da seguridade e integridade do ben.. 3°.-Nesta situación, a percura de solucións para presérvalo é un denominador común de todas as alcaldías e grupos que compuxeron e componen a Coproración Municipal de Ribadeo e, desde unha época temperan, a colaboración desinteresada e altruista do Sr.Calavera Ruiz, foi absoliutamente decisiva. Lemos no primeiro traballo elaborado pola empresa Intemac que previa unha solicitude da alcaldía en novembro de 1987 tres enxeñeiros de caminos da empresa, entre eles o Sr.Calavera, realizaron unha primeira visita de inspección preliminar e toma de contacto co problema. Cunha rapidez encomiable, o 17 de decembro enviaban ao Concello un Plan de Actuación e nos primeiros meses do ano seguinte comezan os traballos, que teñen que ser paralizados pola negativa de acceso de algúns propietarios.Pero ao cabo, o completo estudo é entregado ao Concello en maio de 1988. Sería a primeira dunha ampia e continuada colaboración, con diversas e traballosas fases e, algo que nen figura no citado primeiro traballo, nen nos posteriores, absolutamente desinteresado e altruista. 4°.-Así pois, cúmprese un cuarto de século de inquedanzas e dedicación do Sr.Calavera á causa da conservación e rehabilitación da emblemática Torre dos Moreno, cun espiritu xeneroso e altruista que o fan merecente do nomeamento como Filio Adoptivo de Ribadeo. PROPONSE: Que a Alcaldía-Presidencia eleve ao Pleno do Concello para a sua adopción co voto favorable da maioría absoluta legal dos membros da Corporación e procedendose despois no mesmo acto, extraordinario, público e solemne, a proposta que se formula: Primeiro. Concédese o título de Filio Adoptivo de Ribadeo ao Sr.D. José Calavera Ruiz, ao entender que está debidamente acreditados os méritos que o fan acreedor deste titulo. Segundo. A entrega en acto público e solemne, reunida a Corporación en Pleno Extraodinario ao efecto e coa debida publicidade. Terceiro. Que no sucesivo e como tal Filio Adoptivo de Ribadeo, ocupe o Sr.Calavera Ruiz o lugar de honra que lie corresponde nos actos aos que sexa convidado.