Aberto o prazo para solicitar as axudas de ata 6.000 euros que concede a Deputación de Lugo para obras de mellora no rural
– Dende hoxe e ata o día 22 de agosto os interesados poderán presentar as solicitudes para optar a estas axudas, dotadas con 300.000 euros do Plan Estratéxico de Subvencións do Inludes, para melloras en accesos rurais e explotacións gandeiras, acondicionamento de fontes e cercados, puntos de recollida de plásticos ou construción de curros
– Agrupacións de gandeiros e cidadáns ou asociacións veciñais, todas sen ánimo de lucro, poden descargar o formulario e consultar as bases así como a documentación a entregar en www.inludes.org, www.deputacionlugo.org ou na sede do Inludes na Ronda da Muralla, nº140
– A institución provincial asume o 100% dos custes das obras, que deberán estar rematadas antes do 15 de novembro, se ben estas se poderán xustificar ata o día 30 de dito mes
Hoxe ábrese o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas ó sector primario, con contías de ata 6.000 euros, que a Deputación de Lugo concede a través do Plan Estratéxico de Subvencións do Inludes. A institución provincial pon en marcha estas subvencións dotadas con 300.000 euros, co obxectivo de potenciar o sector primario na provincia, xa que están enfocadas á execución de melloras en accesos rurais e nas explotacións gandeiras, ó acondicionamento de fontes e cercados de pastizais, á instalación de puntos para a recollida de plásticos ou a construción de curros para o gando, entre outras actuacións.
Dende hoxe e ata o vindeiro día 22 de agosto agrupacións de gandeiros ou de cidadáns e asociacións de veciños, todas sen ánimo de lucro, colectivos ós que están dirixidas estas axudas, poderán atopar as bases cos requisitos das subvencións, a documentación necesaria a entregar así como o formulario, na sede do Inludes, situada na Ronda da Muralla nº140 –Lugo-. Igualmente poderán facelo a través de Internet nas páxinas www.inludes.org ou www.deputacionlugo.org.
Nesta ocasión, a Deputación de Lugo asume o 100% dos custos destes traballos, liberando así de gastos ós gandeiros, colectivo que atravesa por un momento de grandes dificultades económicas, ó tempo que cumple cos obxectivos de combater a sangría demográfico do rural e a elevada taxa de paro, tal e como sinalou o voceiro provincial socialista Manuel Martínez. Hai que destacar que na pasada convocatoria a Deputación achegaba ó 75% dos custes das obras de mellora, mentres que os beneficiarios aportaban o 25% restante.
Os responsables provinciais destacan que a institución axilizará a resolución destas subvencións posto que as obras deberán estar rematadas antes do 15 de novembro, se ben o prazo de xustificación prolongarase ata o 30 de dito mes.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



