A Deputación ofrece a outras 225 empresas lucenses acadar gratis as marcas Lug02 e Lugo Sabe
– Manuel Martínez remarca que “estendemos esta oportunidade económica a establecementos de toda a provincia” os cales dende hoxe poden contactar coa institución no 982-26-00-46
– O organismo provincial inicia a captación de entidades para, no último trimestre do ano, iniciar as auditorias contratadas hoxe pola Xunta de Goberno con 150.000 euros de fondos da UE
– Das 225 marcas, 100 son para hoteis, balnearios, casas rurais, restaurantes ou comercios lugueses, mentres que 125 son para produtos autóctonos sometidos a rigurosas prácticas
– Con estas actuacións, un total de 287 establecementos terán as marcas da Deputación, incrementando os seus beneficios ó promociarse e vender os seus produtos por toda Galicia
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a contratación de auditorias para que outros 225 establecementos da provincia acaden, de xeito totalmente gratuito, as marcas de calidade da Deputación Lugo Sabe e Lug02, achegando para elo 150.000 euros, cofinanciados un 70% pola Unión Europea. É dicir, desta cantidade, 105.000 euros son fondos comunitarios e 45.000 euros do organismo lugués. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que “na primeira convocatoria deste proxecto, e por esixencia da Unión Europea, só empresas turísticas e produtos autóctonos das 3 Reservas da Biosfera e O Courel optaron ós nosos selos. Nembargantes, nesta ocasión podemos estender esta oportunidade económica a negocios de toda a provincia para seguir xerando riqueza coa posta en valor dos nosos recursos naturais”.
Por este motivo, dende hoxe todas as entidades luguesas interesadas nos selos da Deputación poden poñerse en contacto coa institución provincial, chamando ó 982-26-00-46. O organismo lugués inicia deste xeito o proceso de captación das empresas para, no último trimestre do ano, realizar in situ as auditorias.
Das 225 marcas, 100 son para empresas turísticas, por exemplo, hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, pazos, restaurantes ou comercios lugueses, que optan ó selo Lug02 . Estas deberán cumprir ós seguintes requisitos: garantir a conexión a Internet; favorecer o emprego de fontes de enerxía renovables; reducir a xeración de residuos, o consumo da luz, agua e gas;incluír medidas encamiñadas á educación ambiental e á sensibilización co entorno natural; ou ser punto de comercialización de produtos Lugo Sabe, de alimentos coa Denominación de Orixe, coa Indicación Xeográfica Protexida ou rexistrados no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia –CRAEGA-. Deste xeito, no caso dun restaurante ou dun hotel, terá incluír no menú o consumo destes produtos, e mesmo ter lugares de venda.
Os 125 produtos autóctonos que opten á marca Lugo Sabe deberán ser alimentos sometidos a rigorosas prácticas hixiénicas e de control en toda a cadena de fabricación: produción, envasado, envalaxe, almacenamento e distribución.
O voceiro remarcou que “rematadas as auditorias, un total de 287 establecementos lucenses contarán, a custe cero, cos selos de calidade da Deputación grazas á confianza depositada pola Unión Europea nos proxectos deste organismo provincial”. Concretamente, serán 122 empresas turísticas: 100 que acadarán a marca Lug02 nesta convocatoria e 22 que a lograron na pasada edición desta programación. Os produtos autóctonos co selo Lugo Sabe serán 165: 125 nesta convocatoria e 40 que xa o posúen.
Beneficios
As entidades luguesas coas marcas da Deputación teñen garantizado novos beneficios xa que, dentro deste proxecto, o organismo provincial creará novas rutas turísticas ambientais e gastronómicas onde se inclúan os negocios Lugo Sabe e Lug02, ademais de impulsar as existentes. Por exemplo, incluíndo a ruta do viño da Ribeira Sacra dentro das rutas vinícolas de España. Levará estes negocios a recoñecidas feiras e eventos; realizará campañas divulgativas; ou incrementará os puntos de promoción e venda por toda a Comunidade. Ata o de agora, 14 establecementos de Cemar, Casfetore e La Palloza Gallega, situados en puntos estratéxicos da provincia, exactamente en 4 estacións de servizo da A-6 pola que a cotío discorren 10.200 usuarios, así como na Coruña, venden produtos LugoSabe. A maiores, unha ducia destes alimentos tamén se poden adquirir na plataforma de comercio electrónico da institución, losproductosdelugo.com, onde tamén se promocionan outros tantas empresas turísticas Lug02.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



