A Orquesta Melodías ofrecerá un concerto de verán o sábado en Mondoñedo
A cita será este sábado 18 de agosto ás 20:30 no Auditorio Municipal de Mondoñedo, onde a Orquestra Melodías dará un concerto maxistral. Neste concerto de verán terán cabida o swing, cancións autóctonas e acordes chegados de América Latina. Ademais non haberá só música, senon que a actuación completarase con un espectáculo multimedia que irá fiando cada novo tema.
A Orquesta Melodías está composta por un grupo de rapaces con paixón pola música e con verdadeiro talento. A súa presentación pública foi un concerto de Aninovo que ofreceron no mesmo Auditorio de Mondoñedo o pasado 7 de xaneiro e co que colleitaron un gran éxito. Naquela ocasión decidiron contar unha historia da emigración a través de temas galegos, habaneras e outros ritmos que combinaban con proxeccións audiovisuais.
Nesta ocasión, o concerto – espectáculo do sábado contará tamén con estrevistas a pé de rúa sobre os propios músicos que despois interpretarán temas que van dende ‘A praia da Lanzada’ ata ‘Begin the beguine’. Unha oportunidade para disfrutar dos xoves intérpretes da Orquesta Malodías e cancións coñecidas por todos.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



