Dende a Concellería de Cultura de Lourenzá desexamos anunciar a celebración da tradicional Mostra Folclórica que vimos celebrando nos últimos anos coincidindo coa festividade do noso patrón, o popularmente coñecido como “Conde Santo”. Nesta edición, celebrarase o vindeiro sábado, 25 de agosto, ás oito da tarde, no entorno da Praza do Conde Santo (diante do Concello).
Actuarán como anfitrións os alumnos/as da Escola Municipal de Música e Danza “Osorio Gutiérrez” de Lourenzá; e contaremos coa presenza doutras recoñecidas agrupacións de Concellos veciños, como son a Asociación Cultural “Amado Lar” de Ferreira do Valadouro, e a Agrupación Folclórica “Arco da Vella” de San Miguel de Reinante en Barreiros.
Só nos queda facer extensivo o convite a tódolas persoas que queiran desfrutar da nosa música tradicional, para que se acheguen a Lourenzá e o fagan nun entorno privilexiado, fronte ás fachadas da Igrexa de Nosa Señora de Valdeflores e o antigo Mosteiro de San Salvador