DESDE HOXE E ATA O 26 DE AGOSTO RIBADENSES E VISITANTES PODERÁN DISFRUTAR DA SÉTIMA EDICIÓN DE MARIÑARTE. NO FORTE DE SAN DAMIÁN EXPÓNSE A OBRA DE NOVE ARTISTAS XÓVENES. ESTE ANO, COMO NOVIDADE, HABERÁ DIVERSOS OBRADOIROS.
Ribadeo, 10 de agosto de 2012. Desde hoxe e ata o 26 de agosto ribadenses e visitantes poderán disfrutar da sétima edición de Mariñarte no forte de San Damián.
A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou na presentación que “nas paredes do forte de San Damián van estar colgadas as obras de nove artistas, rapaces e rapazas ribadenses, na sétima edición de Mariñarte, que abrirá as súas portas este venres, 10 de agosto, e ata o dia 26”. O horario de visita será pola mañá de once e media a unha e media e de seis e media a oito e media pola tarde.
A edil nacionalista dixo que “as persoas que alí se acerquen ao longo de todos estes días poderán disfrutar de fotografía, de pintura, de animación, … É dicir de diferentes xéneros dos nosos artistas locais máis xóvenes ou máis noviños”.
E engadiu que “este ano, como novidade, na última semana, do 22 de agosto en adiante, organizaranse unha serie de talleres que van ser impartidos polos propios rapaces, pola xente que participa nesta edición, e daremos debida conta para poder anotarse e disfrutar deles”.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



