SUÁREZ BARCIA DEMANDA UN PLAN DE USO E DE XESTIÓN DA PRAIA DAS CATEDRAIS, “ANTES DE QUE SEXA DEMASIADO TARDE E MATEMOS Á GALIÑA DOS OVOS DE OURO”. O REXEDOR RECLAMA A PARTICIPACIÓN DA XUNTA E DO GOBERNO DO ESTADO.
Ribadeo, 14 de agosto de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, visitou esta mañá en compañía do vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, este areal e demandou unha vez máis un plan de uso e de xestión desta praia, “antes de que sexa demasiado tarde e matemos á galiña dos ovos de ouro”. Suárez Barcia contou que o Concello está a asumir algo que excede a súa capacidade coa axuda da Deputación Provincial de Lugo, pero demanda a participación da Xunta de Galicia e do goberno do Estado. A Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o ente provincial aportará 40.000 euros para afrontar os gastos do denominado proxecto Praia das Catedrais.
O rexedor dixo que “vendo aquí a realidade do que significa este areal para Ribadeo, para a comarca da Mariña e desde logo coa única institución, aparte do Concello, que nos está a axudar: a Deputación Provincial de Lugo, que grazas a este convenio que temos, duns 40.000 euros, permítenos reforzar como nunca o sistema de información turística. Si ben é certo que na oficina de turismo de Ribadeo a cantidade de visitantes que van alí pedir información é impresionante o punto de información turística das Catedrais aínda o supera en número”.
Suárez Barcia explicou que “aquí podemos, según me dicía a informadora turística, ver xente de calquera parte do Estado, xente de Rusia, de Venezuela ou de Uruguay ou de calquera país da Unión Europea. É unha mistura cultural riquísima e fermosa, pero As Catedrais tamén ten uns riscos moi, moi, moi perigosos, precisamente porque só o Concello se está facendo cargo, con este pequeno apoio da Deputación Provincial de Lugo, de algo que está transcendendo moito a capacidade e a responsabilidade dun Concello”.
O alcalde relatou que “eu mesmo o domingo á tardiña, casi enfilando á noitiña, tiven que mandar á Policía Local a regular o trafico aquí, neste areal, dado que os aparcamentos estaban prácticamente colapsados, os públicos, o que ten un privado e o que ten o Concello alugado, como fixo nestes últimos anos. Con todo á noitiña, cando noutras praias a xente está recolléndose, aquí a xente seguía chegando en marea humana”.
Fernando Suárez Barica considera que “é necesaria, e non me canso de predicar aínda que sexa no deserto, unha coordenación entre a Xunta, o goberno do Estado e o Concello. Porque si ben o goberno do Estado e a Xunta lucen orgullosos carteis de propaganda turística internacional e estatal coa foto da praia das Catedrais despois non se deixan caer por aquí para nada máis que para vagos anuncios de cousas que van facer ou campañas turísticas vagas que aínda non se puxeron en funcionamento”.
O rexedor ribadense advirte que “se non queremos matar entre todos a galiña dos ovos de ouro teremos que facer un plan de uso, un plan de xestión e temos que organizar isto porque senón se vai acabar matando a galiña dos ouvos de ouro, unha galiña que para Ribadeo e para a súa economía é moi importante. De aí esas visitas que cada vez con maior frecuencia e en maior número chegan a Ribadeo única e exclusivamente para ver o noso areal máis internacional. E digo isto, porque si non nos axudan faremos como no poema de Rosalía, tomaremos a xustiza pola man”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



