O BNG DE LOURENZÁ CENSURA AS TÁCTICAS CLIENTELARES E OS TRATOS DE FAVOR DO GOBERNO MUNICIPAL
Case todas as contratacións de persoal de Lourenzá para o servizo de prevención de incendios foron copadas por amigos ou familiares do equipo de goberno
O Concello de Lourenzá desoe a demanda da cidadanía e repite case os mesmos cursos de formación impartidos sempre polas mesmas persoas e mesmo alumnado
Lourenzá, 21 de agosto de 2012. O BNG de Lourenzá considera interesadas as últimas actuacións nas que o Concello interveu en materia de contratación contra incendios, segundo opinan os nacionalistas laurentinos é sospeitoso que a xente contratada de Lourenzá para o servizo de extinción nos distintos programas da Consellería do Medio Rural e do Mar sexan todos ou na súa meirande parte xente ligada ao PP, comprendendo dende persoas que foron nas listas do PP nos últimos comicios municipais ate familiares dalgún membro do equipo de goberno ou dalgún traballador de confianza do Concello. Neste senso o concelleiro do BNG César Docampo dixo: “É demasiada casualidade que de tódalas persoas de Lourenzá que se presentaron a estes exames, de Tragsa e Seaga, que son as empresas públicas encargadas de suministrar operarios para a loita contra incendios nos distintos programas da Xunta, todas as que ao final foron contratas cumpren o mesmo patrón, o que nos fai sospeitar que alguén intercedeu para que isto fose así”.
Segundo opinan dende o BNG de Lourenzá estes feitos poñen negro sobre branco a teórica eficiencia de xestión do PP e demostran unha vez máis o xeito que o equipo de goberno do Concello ten de facer as cousas, usando tácticas clientelares e interesadas para o ben particular duns poucos “amigos”, xeitos de proceder estes máis ben dun sistema rancio e caciquil que dunha democracia moderna, neste senso o portavoz nacionalista no Concello César Docampo argumentou: “estes feitos e estes xeitos de proceder cada vez escurecen e deslexitiman máis a confianza da xente nas institucións públicas pois continuamente son usadas con fins partidistas, electoralistas ou privados”. Dende o BNG de Lourenzá esixen ao goberno municipal que en sucesivas contratacións semellantes troque o seu xeito de actuar permitindo que os procesos de selección abertos sexan máis limpos e non vaian condicionados de antemán, que goberne para todos e non favoreza intencionadamente a xente máis próxima a eles.
O BNG de Lourenzá presentou tamén unha moción nas oficinas municipais na que pide ao goberno municipal que o servizo de colocación e emprego do Concello busque novas alternativas en canto ao que se refire a cursos de formación, pois nos últimos tempos a formación ofertada xira case que en exclusiva en torno ao sector da madeira, chegando incluso nalgún caso a repetirse o mesmo curso en pouco tempo, o concelleiro portavoz do BNG de Lourenzá expresou: “Somos coñecedores das xestións que o Concello fixo fronte á Xunta de Galiza para solicitar cursos de formación ao amparo da Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 30 de Decembro de 2011(DOG. Núm 6 de 10/01/2012) pola que se establecen as bases reguladoras e se da paso á convocatoria pública para a programación de accións formativas no exercicio 2012. En vista de que estas xestións non deron os froitos desexados e o Concello non dispuxo de ningunha outra alternativa consideramos que a oferta formativa que o Concello está a poñer a disposición dos veciños é escasa e non atende as demandas reais da veciñanza en moitos dos casos”. O descontento veciñal chamou á atención do BNG que pensa que ainda que é certo que estes cursos están sendo impartidos a través da Fundación San Salvador, da cal o Concello é parte importante, o verdadeiro impulsor desta oferta formativa é o consistorio laurentino e critican que non se poña o mesmo empeño en formacións de outros gremios priorizando as que se imparten a través da fundación San Salvador, fundación por outro lado codirixida por un familiar directo do alcalde de Lourenzá.
Todos estes feitos fan desconfiar ao BNG de Lourenzá que non entende a gran aposta que o Concello fai pola formación no sector madeireiro, mentres posibilita coas súas accións a perda de postos de traballo do sector nas factorías laurentinas. Consideran os nacionalistas que do mesmo xeito que sucedeu coas contratacións dos operativos contra incendios, todos estes feitos obedecen a outros fins pois sinalan que se está a falar de orzamentos moi importantes, 63.855,21€ concretamente para o curso que comezou en agosto de “ Proxectista de Carpintería e Moble”, cursos que curiosamente como se pode comprobar sempre son impartidos polas mesmas persoas, por outro lado, persoas politicamente vinculadas ao equipo de goberno do PP de Lourenzá.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



