XORNADA DE CONVIVENCIA NA CONTORNA DO RÍO MASMA
Entre os adestramentos en Vista Alegre, A Marosa e o ximnasio e os amigables de pretempada, o Burela FS Pescados Rubén masculino aparcou o esférico por un día para substituílo pola canoa e a pala. O conxunto laranxa deleitouse dunha xornada de convivencia en Foz sen afastarse do mundo de deporte, realizando un descenso polo río Masma.
Xogadores, equipo técnico e directiva gozaron despois dun xantar de confraternidade na zona recreativa dos Fondás, á beira da ría focega.