O burelés Bruno Valle acada a 1ª praza de trombón de jazz no prestixioso “Musikene” do País Vasco
O trombonista burelés Bruno Valle estudará no prestixioso “Musikene” (Centro Superior de Música do País Vasco), dende este curso 2012/2013, tras superar as probas de acceso ao mesmo acadando nada máis e nada menos que a 1ª praza. O Musikene está considerado como un dos mellores centros superiores de música de España, sobre todo na especialidade de jazz.
Bruno Valle entrou e formouse no xénero do jazz da man do saxofonista Roberto Bouça e do vibrafonista Israel Arranz, quenes, en palabras do propio Valle: “foron os meus mentores”. Ademáis, a súa andaina coa Burela Blues Band foille contaxiando máis a ilusión por este xénero musical. Asímesmo, Valle afirma que a asistencia e as clases do Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela foron críticas para a súa formación como trombonista de jazz cos diferentes profesores do seminario, en especial co profesor de trombón Roberto Pacheco. Paralelamente, Valle estudou no centro compostelán de jazz “Estudio, escola de música” con profesores como Javier Constenla, tamén profesor do Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela.
Dende a Asociación Mariña Jazz queremos felicitar a Bruno Valle e transmitir públicamente a nosa satisfacción por esta nova, un feito máis que demostra bo ambiente e nivel jazzístico e de música moderna que se está a vivir na comarca de A Mariña lucense.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



