14 de Agosto de 2012. O pròximo Xoves 16 ás 20 hrs decidirase no salòn de plenos do concello de Foz a ubicaciòn da nova Depuradora de Foz, ao ser convocados os Portavoces de todos os grupos polìticos que integran a corporaciòn para elexir a opción que venxan máis convinte das 4 alternativas propostas pola Xunta, de forma totalmente democratica e dacordo à maioría de votos.
Os grupos politicos levan cerca de dous meses para poder decidilo, unha vez que se lles entregou por parte do grupo de goberno popular un estudio das alternativas existente, e cunha puntuaciòn onde as variables mais importantes son o impacto ambiental e os custos de execuciòn e explotación.
Nese estudio a opciòn mellor valorada é a ubicaciòn dunha única depuradora en Sarrido en Fazouro no lìmite co Barrio de Forxán (S Martiño) e suprimindo a actual Depuradora de Foz, que tantos problemas de cheiros e vertiddos està a ter, e que motivvan a queixa de veciños, comerciales e turistas que estes días copan a localidade.
Esta opciòn é a que votarà o PP posto que é a mellor valorada e medioambientalmente é a que menos impacto ten fronte à ubicaciòn que propoñía o Bipartito en Forxán entre as praias de Llas e de Peizas que è a segunda opciòn mellor valorada.
A depuradora actual, nas dùas opcións mellor valoradas, desaparecería creando no seu sitio un pozo de tormentas para separación de pluviales, dando solución definitiva ao problema de cheiros e vertidos na rìa que actualmente esta sufrindo o nucleo urbano de Foz, e concretamente unha zona de vital importancia turistica para o concello como é a Ria de Foz, a zona portuaria e a zona antiga que estes dìas de gran ocupación padecen a falta de capacidade da actual Depuradora.
O goberno local espera que a decisiòn sexa por unanimidade e pactada polos grupos incluìdos os da oposición, e que estes se posicionen por unha ou outra opción e non se voten “balóns fora” porque é fundamental decidir a implantación definitiva xa que Augas de Galicia leva esperando varios anos para iniciar o expediente de obras da mesma, cunha inversión importante na nova infrastructura.
O próximo xoves saberase a decisión que toman os grupos políticos de Foz, o ùnico que sabemos hoxe é que o PP votará a opciòn de Sarrido no limite Costeiro entre Fazouro e S Martiño por ser a mellor valorada do estudio de Augas de Galicia.



















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



