O rexedor mindoniense unha vez máis desatende as demandas dos veciños e elude o seu deber como xestor
Orlando González desoe as peticións dos veciños de Viñas da Veiga ao solicitar o arranxo da súa rúa e ver reducido o abastecemento municipal de auga
Os residentes na zona de Viñas da Veiga pedíronlle en varias ocasións ao rexedor mindoniense a adecuación de dous baches na rúa Villalba, que afectan a seguridade dos veciños
Esta comunidade tamén está a sufrir unha baixada na presión da traída de auga municipal, probablemente debida ao abastecemento das piscinas, o que provocaría importantes custos para os veciños
Mondoñedo, 25 de agosto de 2012- O rexedor de Mondoñedo, Orlando González Cruz, desoe unha vez máis as peticións dos veciños, neste caso dos residentes en Viñas da Veiga, que lle solicitaron en varias ocasións ao alcalde a adecuación de dous importantes socavóns na rúa Villalba, cos que se ven obrigados a convivir e que afecta a seguridade dos residentes. O PP considera “inexplicable” esta situación, cando esta vía foi recentemente arranxada con diñeiro público, sen “obter o resultado óptimo que se debera”.
Así mesmo, veciños desta comunidade están a sufrir, tamén sen resposta por parte do Concello, unha baixada de presión na traída de auga municipal. Segundo os populares, probablemente esta situación se deba ao abastecemento de auga nas piscinas municipais, por un incorrecto uso da traída municipal para abastecer de auga estas instalacións. Este feito pode chegar a provocar importantes custos para os veciños, poñendo en perigo as instalacións da caldeira privada de auga da comunidade.
Segundo lle trasladaron os veciños ao Partido Popular en conversacións coa portavoz, “a deixadez e o pouco compromiso, ademais de reiterados incumprimentos”, caracterizan a xestión do bipartito, que unha vez máis elude o seu deber como xestor.
Ante esta deixadez do goberno local de Mondoñedo, a portavoz popular recordou as grandes inversións feitas por parte dos populares nesta zona. Así, Mondoñedo ten catro edificacións de vivendas sociais, ademais do proxecto do barrio dos Muíños. O PSOE e o BNG dende que asumiron o poder non chegaron a materializar ningún deste tipo de proxectos, a pesar da bonanza económica que lles tocou xestionar. Este feito amosa un contraste na capacidade de xestión dos populares en comparación co BNG e o PSOE, que “non responden nin a petición de arranxo dun bache”.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



