PRIMEIROS PASOS PARA O INCIPIENTE BURELA FS B
O incipiente Burela FS B Pescados Rubén dará os seus primeiros pasos esta semana. O novo proxecto laranxa, que militará na Terceira División, comeza a pretempada baixo as directrices de Iván Cao, Lucas, co inicio dos adestramentos de pretempada esta tarde-noite.
O groso do emerxente cadro laranxa estará configurado por xogadores novísimos, moitos deles en etapa xuvenil, e principalmente con formación burelista. Arrancarán esta tarde a pretempada con ilusión e folgos Carlos Valle, Diego Blanco ‘Keko’, Antón Couto, Andrés Míguez ‘Souka’, Aarón Fraga, Gabriel Costa ‘Xoia’, Pichi, Erik Campo, César Atoche, Adrián Juiz, Ángel Cao, Hélder Gonçalves e Fabio Salvador, ademais de Juan Quiroga. Segundo explicou Lucas, que estará acompañado en 2012-13 por Félix Candás como delegado e José Manuel Otero como auxiliar, nos próximos é posible que se produza un par de incorporacións máis.
Test inicial. O conxunto mariñán disputará o seu primeiro amigable o vindeiro domingo, 26 de agosto, en Betanzos. O Troula FS, de Autonómica Norte, recibirá os burelistas no pavillón municipal, ás 19.00 horas.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
