CULTURA E EDUCACIÓN REMATA AS OBRAS DE REHABILITACIÓN E REFORZO NO MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE LOURENZÁ
A delegada territorial, Raquel Arias, revisou os traballos e destacou “a axilidade da consellería” para actuar na mellora da fachada desta xoia do barroco galego
A representante do Executivo galego subliñou “o compromiso da consellería coa restauración e a conservación do noso patrimonio, que ademais se converte nun recurso turístico de primeira orde”
A actuación supuxo a reparación e estabilización do frontal do mosteiro, que forma parte desde o ano 1974 do inventario de bens considerados Monumento Histórico Artístico
Lugo, 24 de agosto de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, significou “a axilidade para acometer unha actuación de rehabilitación” no Mosteiro de San Salvador de Lourenzá por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A representante do Executivo galego, xunto co alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra, revisou os traballos acometidos durante as últimas semanas por parte do departamento autonómico, a través da Dirección Xeral de Patrimonio. As actuacións veñen de ser rematadas logo de que a empresa adxudicataria da obra concluíse as labores de recolocación de elementos pétreos do frontal do mosteiro e procedese á estabilización da estrutura da fachada deste edificio considerado Monumento Histórico Artístico dende o ano 1974.
Así mesmo, os informes elaborados polos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura sobre o estado no que se encontra a fachada do mosteiro de San Salvador de Lourenzá constataron que que esta non corre xa perigo de que acontezan novos desprendementos de pedras como os que aconteceron na pasada primavera.
Arias subliñou “o compromiso da consellería coa restauración e a conservación do noso patrimonio, que ademais se converte nun recurso turístico de primeira orde” e que, no caso do mosteiro laurentino supón a mellora nun ben que representa “unha xoia do barroco galego e un elemento de especial interese na ruta do Camiño do Norte a Santiago”.
Deste xeito recupera todo o seu esplendor un dos principais expoñentes do patrimonio monumental do norte da provincia, segundo destacou a delegada. A obra supuxo un investimento de preto de 10.000 euros nunha fachada que, coa súa estrutura actual, data de 1732 e foi deseñada polo mestre Fernando Casas y Novoa, autor tamén da fachada exterior do Pórtico da Gloria.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



