Comezou en Xove o taller de manualidades e reciclaxe en galego, organizado polo servizo de normalización lingüística da mancomunidade de concellos da Mariña, en colaboración co concello. No mesmo participaron nenos e rapaces de 4 a 13 anos. Dentro do programa San Bartolo 2012, hoxe xoves desenvolvéronse varias actividades: ás 11:00 horas, na sala de exposicións da oficina de turismo, abriuse a exposición “Coas nosas mans V”, organizada pola Concellería de Servizos Sociais e que recolle os traballos feitos nos “Obradoiros de Tempo Libre”. Estará aberta ata o 24 de agosto en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
