As tradicionais feiras da Augaxosa teñen varios séculos de existencia. Quizais xa na Idade Media se desenvolveron feiras na campela do Chao Grande. No Catastro de Ensenada da parroquia da Muxueira (1752) dise “…asimismo se hace una feria, el día veintiséis de cada mes, en la que se venden y compran ganados de diversas especies, granos, comestibles, herraga (?) y otras menudencias de las que produce este país, sin que por unas y otras se cobre tributo alguno…”. Nunha acta do Concello de Mondoñedo do ano 1787 dise que a feira da Augaxosa se celebra “el día 26 de cada mes (…) desde tiempo inmemorial”. Sabemos que ata 1939 ou 1940 aínda se facía unha feira o 14 de setembro. Era anual e a ela asistían gandeiros de diversos lugares, o mesmo da Mariña que das comarcas de Miranda, de Taramundi, A Fonsagrada e A Terra Chá, Lourenzá e O Valadouro, para comprar e vender as súas reses, tanto de cabalar como de vacún e o mesmo ovellas que cabras; tamén asistían vendedores de froitas e viandas. Durante o resto do ano as feiras e mercados facíanse todos os meses o 14 e o 26; eran na vila, alí vendíase de todo. A ela acudían ferradores de Riotorto e A Pastoriza; oleiros de Mondoñedo; tratantes de gando ovino de Meira, Carballido (A Fonsagrada) e Trabada; tratantes de porcos de Santiso de Abres; un comerciante de San Pedro de Bogo e un caldeireiro de San Tomé de Lourenzá. A maioría dos tendeiros ou “lenceiros”, como os chamaban, tiña unhas casetas de pedra e lousa co seu mostrador; uns poucos, en bo arranxo, compartíana con outro, e algúns tiñan varias que as cedían en arrendamento a outros. Nestas feiras e mercados eran moi frecuentes as liortas entre os tratantes de gando, como tamén entre os comerciantes e outros que se agregaban, chegando a haber feridos graves en moitas ocasións.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



