A Catedral do Sèculo XVII da cidade Francesa de Dax foi o escenario do concerto que a Coral Polifónica de Foz ofreceu ante màis de 800 persoas, nunha velada na que compartiron cartel coa portentosa Coral Local de voces masculinas.
O presidente da coral focense, Antonio Vila, declarou en reprentaciòn de todos os membros, que se sentiron moi arroupados e cómodos nun escenario excepcional, onde a acústica e a maxestuosidade da Catedral xunto coa calidez do pùblico, axudaron a que as voces mariñáns causaran unha enorme sensación.
Presidiron a actuación, a corporación local encabezada polo Alcalde local Sr Gabriel Bellocq, e máis o Alcalde Focense, Javier Castiñeira, que está a acompañar à Coral na sùa viaxe por Francia.
O rexedor focense agradeceu no acto ao Maire de Dax a maravillosa acollida que tiveron na preciosa vila termal do Sur de Francia e entregoulle un obsequio obra do autor mariñàn, Otero Regal que representa a amizade entre as dùas localidades.
A expedición focense retoma a sùa viaxe, con destino á Bretaña francesa, onde pretenden actuar na Localidade hermanada de Tregastel, ademàis Castiñeira, pretende reunirse có seu homólogo francés e devolverlle a visita institucional prometida ao Alcalde Xabier Martin, cando na pasada primavera os bretòns viaxaron a Foz.
