A PRAIA DE RIL CONTARÁ CON ACCESO PARA DISCAPACITADOS, SEGUNDO O ALCALDE. GONZÁLEZ BARCIA REPASOU CO RESPONSABLE DE COSTAS EN LUGO DIVERSAS ACTUACIÓNS A REALIZAR EN BURELA.
Burela, 24 de setembro de 2012. O alcalde de Burela, José María González Barcia, anunciou hoxe que a praia de Ril contará en breve con acceso para discapacitados. O anunciou fíxose logo de que o rexedor, acompañado do enxeñeiro xefe da Demarcación de Costas do Estado en Lugo, José Miguel Esteban, e concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, visitaran a praia.
Barcia indicou que esta petición fóralle feita por persoas con discapacidade que acostuman a ir á praia de Ril, “e a pesares dos condicionantes que presenta a propia configuración do areal, Costas abordará a obra, que podería facerse nun prazo de tres ou catro meses”.
Deste xeito, segundo o alcalde, “todas as praias do concello terán acceso para diminuidos, agás a do Cantiño, que polas súas características é imposible que o teña. Así, se temos capacidade económica para ter socorristas en Ril para o vindeiro verán, é probable que retomemos a petición de bandeira azul para este areal”. Barcia lembrou que o primeiro expediente bandeira azul para Ril tramitouse na súa etapa anterior como alcalde de Burela.
Ademais, González Barcia, Esteban Dolls e Fernández Valle visitaron a zona do paseo marítimo do Cantiño. Alí, o responsable da Demarcación de Costas do Estado afirmou que procederán ao calzado de parte do paseo, que esta sufrindo os efectos da erosión, en tramos que no seu conxunto suman uns vintecinco metros.
Igualmente, estudiaron a reparación do alumeado do paseo do Cantiño, que leva dando problemas desde hai anos, “a colocación de determinadas balizas provoca que estas sexan destrozadas polos coches que ás veces circulan polas inmediacións do paseo. Con todo, a intención é revisalo no seu conxunto e poñer en servicio aqueles tramos que sexa posible sen risco de estar facendo reparacións a menudo”. O rexedor engadiu que “ademáis se acomenterán as obras típicas nos paseos marítimos, como a colocación das pedras ou baldosas que estean soltas, para facilitar o paso dos peóns e evitar pequenos incidentes”.




















A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.



