Máis de 2 millóns de euros da Sanidade tirados en publicidade
![]()
Dende a CIG-Autonómica continúan a denunciar a falsa austeridade da Xunta de Galiza que repite coma un mantra que non hai cartos, cando continúa a gastalos en obxectivos que nada teñen que ver cos servizos públicos e si con intereses privados.
2 Millóns en publicidade
No DOG do 29/08/2012 publícase a resolución da contratación dun servizo de publicidade da Consellaría de Sanidade cun valor estimado de 2.200.000 € para “sensibilizar e promocionar o consumo de medicamentos xenéricos”. A empresa afortunada foi Avante Galicia Marketing y Medios, S.L. que ten unha delegación en Compostela.
Neste escenario de precariedade no que non hai cartos para servizos públicos sempre aparecen cartos para as privatizacións, os rescates bancarios, o banco malo e, por suposto, para publicidade institucional. Neste caso, este contrato semella ter un toque de humor negro ao gastar Sanidade os cartos públicos na publicidade da política desenvolta ao redor dos medicamentos xenéricos no canto da compra ou subvención deses medicamentos.
Dende a CIG-Autonómica continúan a denunciar a falsa austeridade da Xunta de Galiza que repite coma un mantra que non hai cartos, cando continúa a gastalos en obxectivos que nada teñen que ver cos servizos públicos e si con intereses privados.
Tendo en conta que parte da poboación xa ten que pagar por enteiro certos medicamentos ou aumentou a contribución ao pagamento destes, está de sobra concienciada sobre este gasto. A bo seguro a maioría da cidadanía considera que estes 2.200.000€ irían mellor destinados ao sostemento do Sistema Público de Sanidade que a poñer o logo da Xunta de Galiza continuamente en todos os medios de comunicación
http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_docman&task=doc_download&gid=935&Itemid=29





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



