A Xunta mente sobre a súa implicación no uso do galego en Twitter para poder presentar un único adianto para a lingua en toda a lexislatura
![]()
Carlos Callón: “A Xunta debería pedir perdón por se apropiar dunha conquista realizada pola presión social e na que o Goberno galego non tivo absolutamente nada a ver”
A Mesa, igual que a iniciativa Twitter en Galego (con 15.000 seguidores nesta rede social), salienta que “se conseguimos que Twitter aceptase traducir ao galego, foi polo compromiso de moitos usuarios dende hai máis dun ano” e non pola Xunta
Callón: “Se o PP quere de verdade facer algo polo galego nas tecnoloxías, que dea marcha atrás á súa decisión de non solicitar móbiles en galego para o Parlamento ou que derrogue xa o decretazo que prohibe impartir Tecnoloxía no idioma de Galiza”
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2012.- O logro de que Twitter aceptase o inicio do proceso de tradución á lingua de Galiza é un motivo de alegría para todas as galegas e para todos os galegos. O Goberno de Alberto Núñez Feijóo, que non impulsou nin un só adianto para o noso idioma en toda a lexislatura, quixo aproveitar a situación para tentar apropiarse da noticia de cara ás eleccións autonómicas e poder presentar como seu ese adianto. Porén, desde movementos sociais como A Mesa pola Normalización Lingüística ou a iniciativa Twitter en Galego (á cal se adheriron 14.850 persoas), advirten de que se trata dunha “mentira”.
A verdade é que desde hai máis dun ano existen accións desde a base cidadá, non secundadas pola Xunta, para conseguir que esta rede social teña versión no noso idioma. Cando no pasado mes de maio se anunciou que Twitter se ía traducir a todas as linguas do Estado excepto ao galego, A Mesa enviou un comunicado no cal denunciaba o “absoluto desinterese da Xunta” e que “esta noticia por si soa debería supor a dimisión ou cesamento do secretario xeral de Política Lingüística”. Como sinala a asociación, “as hemerotecas están aí para quen as quixer consultar: non menten”.
Tras ese anuncio de que Twitter se ía traducir ao catalán e ao vasco e non ao galego, as mostras de apoio á reivindación multiplicáronse, mesmo co posicionamento público de importantes empresas como R. “É despois dese momento, cando o traballo fundamental está feito e o Goberno galego ficou en total evidencia, cando a Xunta fai unha simple declaración para a galería dicindo que apoia as redes sociais en galego, mais sen acometer para iso ningunha xestión institucional para o conseguir”, apunta o presidente da Mesa, Carlos Callón. O portavoz da maior asociación cultural de Galiza considera que “apropiándose do traballo doutros e doutras, o Partido Popular tenta lavar a cara por esta lexislatura de interminábeis agresións contra o noso noso idioma”.
A Mesa sinala que, se o PP quere “de verdade facer algo polo galego nas tecnoloxías” ten “moitas cousas e moi importantes” que pode facer nas próximas semanas. “Por exemplo, dar marcha atrás á súa decisión de non solicitar móbiles con opción de galego para o Parlamento, a pesar de que todo o mundo sabe que tales terminais con opción do noso idioma existen no mercado, ou que derrogue xa o decretazo que prohibe impartir Tecnoloxía no idioma de Galiza”.

























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



