A V Edición da Carreira que organiza o Club Atletismo Ribadeo xa ten aberto o prazo de inscrición. A proba será o día 9 de Setembro a partir das 11h30´ no monte de Santa Cruz en Ribadeo. A distancia total da proba absoluta será de 8300m.(dúas voltas a un circuíto de 4150 m).
INSCRICIÓNS:
a)INSCRICIÓN PARA NENOS: (80m e 1000m) poderá formalizar a inscrición por correo electrónico :E-MAIL ( atletismoribadeo@atletismoribadeo.com ), aportando os seguintes datos: Nome, data de nacemento, Sexo, Localidade, Teléfono de contacto e Club.
b)INSCRICIÓN CARREIRA ABSOLUTA: (8300m) a través da paxina web: (www.championchipnorte.com) aportando os seguintes datos obrigatorios: Nome, DNI, Apelidos, Data de nacemento, Sexo, Localidade, Teléfono, talla de camiseta e club.
PREZO da INSCRICIÓN.
a) Inscrición Nenos/as: GRATUITA
b) Inscrición Carreira Absoluta:
-Propietarios Chip Amarelo Championchip: 4€.
-Corredores sen Chip amarelo Championchip 5€: 4€ de dereitos de inscrición + 1,00€ en concepto de aluguer do chip.
Os que teñades 45 anos ou mais, poderedes recuperar o importe da inscrición pasando pola tenda do noso patrocinador Widex, centro auditivo, na Av de Galicia, ademáis teredes unha revisión auditiva gratuita e o agasallo dunha camiseta Técnica do Widex MarathonTeam.
PREMIOS,TROFEOS E MEDALLAS.
– Entregaranse trofeos ós tres primeiros clasificad@s da proba absoluta. E un xamón o primeiro home e a primeira muller da carreira absoluta, trofeos por Categorías. Entregarase una medalla a tod@s os nenos participantes.
-Trofeo para os tres primeiros equipos e trofeo para primeir@ ribadense.
-Entregarase os que rematen a proba absoluta unha camiseta conmemorativa ata fin de existencias e o final teremos unhos pinchos para todos os que nos queiran acompañar e faremos un sorteo de agasallos entre a xente que remate a carreira.
DISTANCIAS,CATEGORIAS E HORARIOS DAS PROBAS:
CATEGORIA DE NEN@S
-CATEGORIA PITUFOS: ( Nados no 2006 e post): 80 metros –————– 11.30 h
-CATEGORIA PREBENXAMIN: ( 2004-2005): ————-350 metros
-CATEGORIA BENXAMIN: (2002-2003): ——————700 metros
-CATEGORIA ALEVIN: (2000-2001): ———————–900 metros
-CATEGORIA INFANTIL: (1998-1999): ——————-1000 metros
-CATEGORIA CADETE: (1996-1997): ———————1000 metros
CATEGORIA ABSOLUTA:
-CATEGORIA XUVENIL (1993-1995)——————— 8300 metros ——— 12.30 h.
-CATEGORIA SENIOR (1978-1992)———————– 8300 metros
-CATEGORIA VETERANOS A (1967-1977)————– 8300 metros
-CATEGORIA VETERANOS B (1956-1966) ————- 8300 metros
-CATEGORIA VETERANOS C (1955 en diante) ——- 8300 metros
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
