ADEGA AMPLÍA O PRAZO PARA PARTICIPAR NA II EDICIÓN DOS CONCURSOS DE FOTO, RELATOS E CURTAMETRAXES POLO TERRITORIO
Os concursos “Fotografías polo territorio”, “O lugar onde vivo” e o primeiro concurso de curtametraxes “E tí qué é o que ves” enmárcanse na Campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”.
O prazo para presentar as obras aos tres concursos amplíase até o vindeiro 1 de novembro.
Lugo, a 19 de Setembro de 2012.- Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril do pasado ano en Santiago de Compostela, e debido ao éxito da primeira edición, ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías e de relatos co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra, ademais de apostar por unha primeira edición dun concurso de curtametraxes. Os tres concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo.
Estes concursos pretenden facer participativa á cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel na que se freen as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio en conivencia coa administración pública, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural.
II Concurso “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO”
As fotografías deberan ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización ecoloxista a través do e-mail: culturaeterritorio@adega.info
Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos. O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de Novembro do 2012.
II Concurso “O LUGAR ONDE VIVO”
Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc. Cada participante poderá presentar un máximo de 2 relatos inéditos en lingua galega, que terá que enviar por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo: Avenida Fontiñas, 180 Entrechán, 27002 Lugo.
Para esta convocatoria tamén se establecen as categorías xuvenil e a adulto/a e o prazo límite de presentación das obras remata o día 1 de Novembro de 2012.
I Concurso de curtametraxes “E TÍ QUÉ É O QUE VES?”
As curtametraxes de ficción, documentais ou animación deberán dar mostra de exemplos de posta en valor da nosa cultura e territorio e/ou denunciar aquelas actuacións que agreden os mesmos. Cada participante poderá presentar un máximo de 4 creacións audiovisuais, que terá que enviar, en formato DVD, por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo.
Establécese unha única categoría para este concurso e o prazo límite de presentación dos traballos remata o día 1 de Novembro de 2012.
As bases de todos estes concursos pódense descargar da web de ADEGA: www.adega.info






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



