Exposición de traballos escolares realizados no IES PERDOURO DE BURELA en colaboración có ceramista Estéfano Gudín e inspirada no referente ético, estético e emprendedor de Isaac Díaz Pardo, a quen se lle tributaba modesta homenaxe poucas semanas máis tarde do seu falecemento. Esta exposición permanecerá aberta dende o día 5 ata o 29 de setembro.
